Yason Smohozhevskyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ясон Смогожевський
(Yason Smohozhevskyi)
Jason Smaharžeŭski. Ясон Смагаржэўскі (1890).jpg
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento3 de maio de 1715
Pasamento1 de novembro de 1788 en Varsovia, Voivodato de Mazovia, Coroa do Reino de Polonia
Ordes
Ordenación sacerdotal3 de xullo de 1740
Consagración episcopal31 de decembro de 1758, por Giuseppe Schirò
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus
1780 - 1788
PredecesorLev III Sheptytskyi
SucesorTeodosii Rostotskyi
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Yason Smohozhevskyi (en ucraíno: Ясон Смогожевський; en polaco: Jason Smogorzewski; en belaruso: Ясон Смагаржэўскі), nado o 3 de maio de 1715 e finado o 1 de novembro de 1788 en Varsovia (Voivodato de Mazovia, Coroa do Reino de Polonia), foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1780 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 3 de xullo de 1740 foi ordenado sacerdote.

O 5 de setembro de 1758 foi nomeado arcebispo coadxutor da arquieparquía de Polack, sendo consagrado bispo o 31 de decembro do mesmo ano polo arcebispo de Durrës Giuseppe Schirò, e tendo como principais co-consagrantes ao arcebispo titular de Teodosia Giorgio Maria Lascaris e ao bispo emérito de Făgăraș Inocențiu Micu-Klein.

O 18 de xullo de 1762, á morte de Floriian Hrebnytskyi, sucedeuno como arcebispo de Polack.

En 1779 foi nomeado administrador da arquieparquía de Kíiv logo do pasamento de Lev Sheptytskyi. Ao ano seguinte foi elixido metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus, renunciando ao cargo de arcebispo de Polack.

Finou o 1 de novembro de 1788 en Varsovia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Floriian Hrebnytskyi
 Arcebispo de Polack 
1762 - 1780
Sucesor:
Iraklii Lisovskyi
Predecesor:
Lev III Sheptytskyi
 Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 
1780 - 1788
Sucesor:
Teodosii Rostotskyi