Atanasii Sheptytskyi
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1686 Voshchantsi (en) |
| Morte | 12 de decembro de 1746 Lviv, Ucraína |
| Lugar de sepultura | Catedral de San Xurxo |
| Arcebispo católico | |
| 17 de agosto de 1729 – ← Leon Kiszka – Floriian Hrebnytskyi → | |
| Bispo diocesano | |
| 1715 – ← Varlaam Sheptytskyi – Onufrii Shumlianskyi (en) Diocese: arquieparquía de Lviv | |
| Arcebispo metropolitano | |
| Metropolitano de Kíiv | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda a Rus |
| Educación | Lviv Jesuit College (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1715–), sacerdote católico |
| Consagración | Leon Kiszka |
| Familia | |
| Familia | House of Szeptycki (en) |
Atanasii Sheptytskyi (en ucraíno: Атанасій Шептицький; en polaco: Atanazy Szeptycki; en belaruso: Атанасій Шаптыцкі), nado c. 1686 en Voshchantsi (Voivodato de Rutenia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 12 de decembro de 1746 en Lviv, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1729 até a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en 1686 en Voshchantsi nunha familia nobre.[1] En 1703, pola influencia do seu tío, Varlaam Sheptytskyi, entrou no noviciado dos basilianos no mosteiro de Univ, onde Varlaam era arquimandrita.[1] Na vida relixiosa tomou o nome de "Atanasii". Posteriormente estudou filosofía e teoloxía no seminario pontificio de Lviv que levaban os teatinos, onde foi ordenado sacerdote en 1710.[1] Posteriormente, en 1713 foi nomeado el mesmo arquimandrita de Univ.[1]
En 1715 foi nomeado bispo de Lviv, recibindo a consagración episcopal o 13 de setembro de mans do metropolita de Kíiv Lev Kyshka.[1]
O 1 de marzo de 1728 foi elixido arcebispo coadxutor de Kíiv, converténdose o 17 de agosto de 1729 en metropolita.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Назарко, Іриней-Іван Іванович (1962). Київські і Галицькі митрополити: біографічні нариси (1590-1960). Analecta OSBM. Serie 2. Sectio 1. Roma. OCLC 54007358.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Varlaam Sheptytskyi |
Bispo de Lviv 1748 - 1779 |
Sucesor: Lev Sheptytskyi |
| Predecesor: Lev Kyshka |
Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 1729 - 1746 |
Sucesor: Floriian Hrebnytskyi |