Sviatoslav Shevchuk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Святослав Шевчук
Sviatoslav Shevchuk
Sv shevchuk.jpg
Arcebispo Maior da Igrexa católica bizantina ucraína
Biografía
Nacemento5 de maio de 1970 en Stryi, Ucraína
Ordes
Ordenación sacerdotal26 de xuño de 1994, por Myroslav Ivan Liubachivskyi
Consagración episcopal7 de abril de 2009, por Ihor Vozniak
Arcebispo Maior de Kiev-Galicia
2011 - actualidade
PredecesorLiubomyr Huzar
Outros
Coat of arms of Sviatoslav Shevchuk.svg
Escudo de Sviatoslav Shevchuk
Гдь просвѣщенїє моє и спаситель мой
Ficha en catholic-hierarchy.org

Sviatoslav Shevchuk (en ucraíno: Святослав Шевчук), nado en Stryi, RSS de Ucraína o 5 de maio de 1970, é un eclesiástico católico ucraíno que dende o 25 de marzo de 2011 é o arcebispo maior de Kiev-Galicia e arcebispo metropolita de Kiev e, xa que logo, cabeza da Igrexa católica bizantina ucraína.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Sviatoslav Shevchuk foi ordenado sacerdote o 26 de xuño de 1994, logo de estudar no seminario clandestino ucraíno entre 1983 e 1989. Entre 2002 e 2005 traballou como secretario xefe do Arcebispo Maior Liubomyr Huzar.[1] En 2006 obtivo un doutoramento en teoloxía pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, e foi rector do seminario de Lviv.[2]

Bispo auxiliar e administrador de Buenos Aires[editar | editar a fonte]

O 14 de xaneiro de 2009 foi nomeado bispo auxiliar da eparquía de Buenos Aires e consagrado bispo o 7 de abril do mesmo ano polo arcebispo Ihor Vozniak. O 10 de abril de 2010 foi nomeado administrador apostólico da mesma diocese.[3] Ademais de ucraíno, coñece o castelán, polaco, ruso, inglés, italiano, grego, latín e eslavo antigo.

Arcebispo Maior de Kiev-Galicia[editar | editar a fonte]

O 23 de marzo de 2011 foi elixido Arcebispo Maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína logo da renuncia de Liubomyr Huzar. Esta decisión foi confirmada polo papa Bieito XVI o 25 de marzo de 2011.[4][5]

O 29 de marzo de 2011 o Arcebispo Maior Shevchuk dixo nunha conferencia de prensa en Kiev que ía visitar ao Santo Pai e que o Sínodo dos Bispos da ICBU preparara unha serie de propostas ao papa, entre elas a posibilidade de elevar á Igrexa Ucraína ao rango de patriarcado.[6] O 12 de xuño de 2012 Sviatoslav Shevchuk foi nomeado membro do Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Mykhail Mykytsei
(Bispo)
 Administrador apostólico de Santa María do Patrocinio en Bos Aires 
10 de abril de 2010 - 25 de marzo de 2011
Sucesor:
Daniel Kozelinski Netto
Predecesor:
Liubomyr Huzar
 Arcebispo Maior de Kiev-Galicia 
25 de marzo de 2011 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)
Predecesor:
Liubomyr Huzar
 Arcebispo de Kiev 
25 de marzo de 2011 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)