Saltar ao contido

Hryhorii Khomyshyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHryhorii Khomyshyn

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1867 Editar o valor en Wikidata
Hadynkivtsi, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de decembro de 1947 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Kíiv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Bispo diocesano
6 de maio de 1904 –
← Andrei SheptytskyiIwan Słeziuk →
Membro da Dieta de Galitzia e Lodomeria
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Higher Scientific Institute for Diocesan Priests at St. Augustine's (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoChurch‘s ministry (en) Traducir e acción política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1904–), sacerdote católico (1893–), escritor, político Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAndrei Sheptytskyi Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa28 de decembro Editar o valor en Wikidata

O Beato Hryhorii Lukych Khomyshyn[1] (en ucraíno: Григорій Лукич Хомишин; en polaco: Grzegorz Chomyszyn), nado o 25 de marzo de 1867 en Hadynkivtsi (Reino de Galicia e Lodomeria) e finado o 17 de xaneiro de 1947 na prisión de Lukyanivka (RSS de Ucraína) foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, bispo de Stanislaviv dende 1904 até o seu pasamento, e hieromártir beatificado por Xoán Paulo II.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Khomyshyn naceu o 25 de marzo de 1867 na aldea de Hadynkivtsi, na Galicia oriental (hoxe na rexión de Ternopil, Ucraína)[2] Logo de formarse no seminario, foi ordenado sacerdote o 18 de novembro de 1893.[3] Posteriormente estudou Teoloxía na Universidade de Viena entre 1894 e 1899, e en 1902 o metropolita de Galicia Andrei Sheptytskyi nomeouno reitor da Academia Teolóxica de Lviv.[2]

O 6 de maio de 1904 foi nomeado bispo de Stanislaviv, e recibiu a consagración episcopal o 19 de xuño de mans do metropolita Sheptytskyi, e tendo como principais co-consagradores ao arcebispo latino de Lviv Józef Bilczewski, ao arcebispo armenio de Lviv Józef Teodorowicz, e ao bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok Kostiantyn Chekhovych. Durante o seu mandato de máis de catro décadas, foi considerado a segunda figura máis influente da Igrexa Católica Ucraína.[4]

A diferenza de Sheptytskyi, Khomyshyn cría que a ICBU debía adoptar unha orientación máis occidentalizada, enfatizando aínda máis a relación da Igrexa coa Santa Sé.[5] Isto significou a introdución de prácticas latinizadas como o calendario gregoriano e unha adhesión estrita ao celibato clerical, que provocaron controversia na súa diocese.[6]

Durante a década de 1930 Khomyshyn promocionou o Partido Popular Católico Ucraíno, nacionalista moderado, que acadou representación no Sejm e no Senado.[6] Foi tamén coñecido pola súa oposición ao antisemitismo e a súa tolerancia referente aos xudeus galicianos, probabelmente grazas á súa propia experiencia como parte da minoría ucraína de Polonia.[7][8] Como resultado da súa postura moderada cara ao nacionalismo ucraíno, foi acusado de "traizón" pola OUN, facéndolle temer pola súa vida.[9]

Khomyshyn foi detido por primeira vez en 1939 polo NKVD. Crítico do sistema soviético, tendo chamado ás forzas de ocupación "bestas feroces animadas polo espírito do diabo",[10] foi detido de novo en abril de 1945, e entón deportado a Kíiv. Na prisión, foi torturado e presionado para renunciar á Unión de Brest, o que se negou a facer.[11]

Morreu no hospital da prisión de Lukyanivska de Kíiv o 17 de xaneiro de 1947, logo de ser torturado nun interrogatorio.[12]

O papa Xoán Paulo II beatificouno o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.[13]

  1. Tamén Gregor Khomysyn, Gregory Chomyshyn, Gregory Khomyshyn, Grzegorz Chomyszyn, Hryhorij Khomyshyn, Hryhorij Khomysyn, Hryhory Khomyshyn e Hryhory Khomysyn.
  2. 2,0 2,1 "Biographies of twenty five Greek-Catholic Servants of God". Vatican.va. 
  3. "Beatification of the Servants of God on June 27, 2001". CLCD.ru. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2016. 
  4. Pollard, John Francis (2014). The Papacy in the Age of Totalitarianism, 1914-1958. Oxford University Press. p. 306. ISBN 9780199208562. 
  5. Magocsi, Paul Robert (2008). Mahieu, Stéphanie; Naumescu, Vlad, eds. Churches In-between: Greek Catholic Churches in Postsocialist Europe. LIT Verlag Münster. p. 48. ISBN 9783825899103. 
  6. 6,0 6,1 Katchanovski, Ivan; Kohut, Zenon E.; Nebesio, Bohdan Y.; Yurkevich, Myroslav (2013). Historical Dictionary of Ukraine. Scarecrow Press. pp. 263–264. ISBN 9780810878471. 
  7. Michlic, Joanna B. (2006). Poland's Threatening Other: The Image of the Jew from 1880 to the Present. University of Nebraska Press. pp. 77-78. ISBN 9780803256378. 
  8. Modras, Ronald (2005). The Catholic Church and Antisemitism. Routledge. pp. 360–361. ISBN 9781135286170. 
  9. Shkandrij, Myroslav (2015). Ukrainian Nationalism: Politics, Ideology, and Literature, 1929-1956. Yale University Press. pp. 31–32. ISBN 9780300210743. 
  10. Blet, Pierre (1999). Pius XII and the Second World War: According to the Archives of the Vatican. Paulist Press. p. 77. ISBN 9780809105038. They are fierce beasts animated by the spirit of the devil 
  11. Veenhoven, Willem Adriaan, ed. (1975). Case Studies on Human Rights and Fundamental Freedoms Volume Two: A World Survey. Case Studies on Human Rights and Fundamental Freedoms: A World Survey 2 (Martinus Nijhoff Publishers). p. 477. ISBN 9789024717811. 
  12. Zinkevych, Osyp; Sorokowski, Andrew, eds. (1988). A Thousand Years of Christianity in Ukraine: An Encyclopedic Chronology. Smoloskyp e Comité Nacional para Conmemorar o Milenio do Cristianismo en Ucraína. p. 245. ISBN 9780914834588. 
  13. Os outros mártires da Igrexa Católica Ucraína beatificados canda el foron: os bispos Yosafat Kotsylovskyi, Symeon Lukach, Vasyl Velychkovskyi, Ivan Sleziuk, Nykyta Budka e Hryhorii Lakota; os presbíteros Mykola Konrad, Andrii Ishchak, Roman Lysko, Mykola Tsehelskyi, Petro Verhun e Oleksii Zarytskyi; os relixiosos Yakym Senkivskyi, Severiian Baranyk, Zenon Kovalyk, Vitalii Bairak e Ivan Ziatyk; as relixiosas Tarsykiia Matskiv, Olimpiia Bida e Lavrentiia Harasymiv; e o laico Volodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bispos grecocatólicos rusos Leonid Fedorov e Klymentii Sheptytskyi; e o bispo ruteno Teodor Romzha.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Мельничук, П. М. (1979). Владика Григорій Хомишин: патріот, місіонер, мученик. Lviv. 
  • Єгрешій, Олег (2004). Єпископ Григорій Хомишин: портрет релігійно-церковного і громадсько-політичного діяча. Ivano-Frankivsk. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Andrei Sheptytskyi
 Bispo de Stanislaviv 
1904 - 1947
Sucesor:
Ivan Sleziuk