Yosyf Sembratovych
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Йосиф Сембратович (Yosyf Sembratovych) | |
---|---|
![]() | |
Metropolita da Igrexa Católica Bizantina Ucraína | |
Biografía | |
Nacemento | 8 de novembro de 1821 en Krynica |
Pasamento | 23 de outubro de 1900 en Roma |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 7 de outubro de 1845 |
Consagración episcopal | 11 de xuño de 1865, por Spyrydon Lytvynovych |
Metropolita de Lviv | |
1870 - 1882 | |
Predecesor | Spyrydon Lytvynovych |
Sucesor | Sylvestr Sembratovych |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Yosyf Sembratovych (en ucraíno: Йосиф Сембратович, en polaco: Josyf Sembratowycz), nado o 8 de novembro de 1821 en Krynica (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Polonia) e finado o 23 de outubro de 1900 en Roma, foi metropolita de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 1870 e 1882.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 7 de outubro de 1845 foi ordenado sacerdote.
O 24 de marzo de 1865 foi nomeado bispo titular de Nazianzus. Recibiu a consagración episcopal o 11 de xuño de mans do metropolita de Lviv Spyrydon Lytvynovych.
O 18 de maio de 1870 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína como metropolita de Lviv. Renunciou ao cargo en novembro de 1882, residindo en Roma posteriormente, onde finou o 23 de outubro de 1900.