Saltar ao contido

Prokip Khmelovskyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaProkip Khmelovskyi
Biografía
Nacementoc. 1600 Editar o valor en Wikidata
Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de febreiro de 1664 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Derman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Bispo diocesano
6 de maio de 1652 –
← Atanasii KrupetskyiAntoni Terlecki (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública das Dúas Nacións Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína Editar o valor en Wikidata
EducaciónCollegium Hosianum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1651–), sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAntin Seliava Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaQ63531351 Traducir Editar o valor en Wikidata

Prokip Khmelovskyi (en ucraíno: Прокіп Хмельовський; en polaco: Prokop Chmielowski, Prokop Chmielewski, Prokop Chmielecki), nado en 1600 ou 1603 en Mazovia e finado o 22 de febreiro de 1664 en Derman (hoxe no distrito de Zdolbuniv, Ucraína), foi un relixioso grecocatólico ucraíno, bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok dende 1652 até o seu pasamento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Prokip Khmelovskyi naceu en Mazovia nunha familia da nobreza católica latina, arredor do ano 1600.[1] Quedou orfo a temperá idade, pasou ao rito bizantino, e entrou nos basilianos.[1] En 1620 comezou os seus estudos no colexio xesuíta de Braunsberg,[1] e entre 1627 e 1631 estudou no colexio xesuíta de Praga. Logo de ser ordenado sacerdote predicou en Minsk e en Žyrovicy.[1] Posteriormente foi reitor do colexio de Volodymyr dende 1639.[1]

O 24 de agosto de 1639 Kasiian Sakovych renunciou ao cargo de arquimandrita do mosteiro da Exaltación da Santa Cruz de Dubno, e Khmelovskyi pasou a ser o abade do mosteiro.[1]

Foi nomeado bispo coadxutor de Przemyśl, Sambor e Sanok xunto a Atanasii Krupetskyi en 1651, e o 2 de marzo do mesmo ano foi consagrado bispo en Polack polo metropolita Antin Seliava.[1] No mesmo ano foi tamén nomeado administrador de Lutsk-Ostroh.[1] Como coadxutor de Krupetsyi loitou por garantir os seus dereitos episcopais fronte ao ortodoxo Antonii Vynnytskyi; logo do pasamento de Krupetskyi sucedeuno como bispo diocesano, recibindo a aprobación real o 21 de setembro de 1652, o que reavivou a disputa con Vynnytskyi.[1] Non foi quen de tomar posesión da sé de Przemyśl, e estabeleceuse en Walawa, adicándose sobre todo á restauración da eparquía de Ostroh.[1]

En 1662 tomou como coadxutor a Antin Terletskyi. Enfermo e agotado, retirouse da vida activa e estabeleceuse en Derman, onde finou o 22 de febreiro de 1664.[1]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Gajek, Jan Sergiusz; Nabywaniec, Stanisław (1998). Unia Brzeska z perspektywy czterech stuleci. Teologia w dialogu (en polaco) 8. Red. Wydawnictw KUL. ISBN 9788322806005.