Julio Álvarez Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xulio Álvarez»)
Julio Álvarez
Información persoal
Nome Julio Álvarez Mosquera
Nacemento 1 de maio de 1981
Lugar de nacemento Caracas
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Rayo Sadense
–1997 Ural CF
1997–1998 Deportivo da Coruña
1998–1999 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1998 Fabril 11 (4)
1998–1999 Real Madrid C 35 (15)
1999–2000 Real Madrid B 2 (2)
2000–2003 Real Madrid 0 (0)
2000–2002Racing de Santander (cedido) 44 (1)
2002–2003Rayo Vallecano (cedido) 26 (8)
2003–2006 Murcia 72 (7)
2006–2008 Numancia 66 (10)
2008–2009 Almería 21 (0)
2009–2010 Mallorca 26 (6)
2010–2011 Tenerife 30 (3)
2011–2018 Numancia 255 (56)
Selección nacional
1998 España sub-16 10 (2)
1998–1999 España sub-17 6 (1)
1999–2000 España sub-18 5 (1)
2002–2003 España sub-21 7 (1)
2011–2012 Venezuela 4 (0)
2005-2008 Galicia 4 (1)
Na rede
FIFA: 349797 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Julio Álvarez Mosquera, nado en Caracas (Venezuela) o 1 de maio de 1981, é un exfutbolista e adestrador galego. Xogaba de centrocampista.

Fillo de emigrantes galegos en Venezuela, aos catro anos a súa familia volveu a Galicia, onde Julio desenvolveu unha longa carreira como futbolista, con 18 tempadas e case 500 partidos como profesional entre Primeira e Segunda División. Destacou especialmente no Numancia, club no que xogou nove tempadas e do que é o máximo goleador histórico.

Foi internacional coas seleccións de Venezuela e Galicia, así como coas categorías inferiores da selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Comezos (1981-2000)[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes galegos en Venezuela, a súa familia regresou a Galicia cando el tiña catro anos, instalándose en Sada.[1][2] Comezou a xogar ao fútbol no Rayo Sadense e logo pasou ao Ural,[3] onde anotou 31 goles na tempada 1996/97, chamando a atención do Deportivo da Coruña, que o incorporou ás súas categorías inferiores no verán de 1997.[4]

Na súa primeira tempada no Deportivo, sendo aínda xuvenil, debutou co Fabril na Segunda División B da man de Carlos Ballesta, nun partido contra o Cacereño en febreiro de 1998.[5] Xogou varios partidos máis co filial coruñés esa tempada e ao remate desta fichouno o Real Madrid.[6]

Xogou cos filiais brancos de Segunda División B e Terceira División, e disputou algún amigable co primeiro equipo.

Racing de Santander (2000-2002)[editar | editar a fonte]

No ano 2000 foi cedido ao Racing de Santander, de Primeira división.[7] O seu debut en Primeira produciuse na xornada 3 da tempada 2000/01, fronte ao FC Barcelona no Camp Nou, xogando como titular. O seu balance no seu primeiro ano en Santander foi de 16 encontros e un gol, logrado na Copa do Rei fronte ao Burgos CF, nunha campaña na que o Racing acabou perdendo a categoría. Ao ano seguinte o Real Madrid volveuno ceder ao equipo cántabro, que logrou ascender de novo, contribuíndo Julio Álvarez con 34 partidos e o seu primeiro gol na Segunda División na vitoria por 0-4 contra o Córdoba.[8]

Rayo Vallecano (2002-2003)[editar | editar a fonte]

Na tempada 2002/03 volveu saír cedido, esta vez ao Rayo Vallecano por petición expresa do adestrador Fernando Vázquez.[9] Alí anotou 8 goles, tres deles nun triplete contra o seu ex equipo, o Racing de Santander, no Teresa Rivero, pero que foron insuficientes para que o equipo conseguise a permanencia.[10]

Real Murcia (2003-2006)[editar | editar a fonte]

En xullo de 2003 foi traspasado ao Real Murcia, que volvía estar en Primeira 15 anos despois.[11] Militou no club murciano tres anos, xogando 73 partidos e marcando 7 goles.

1ª etapa no Numancia (2006-2008)[editar | editar a fonte]

En 2006 fichou polo CD Numancia, equipo no que xogou un papel clave na tempada 2007/08, na que o equipo dirixido por Gonzalo Arconada se proclamou campión da categoría e logrou o ascenso matemático a falta de catro xornadas.[12][13]

Almería (2008-2009)

Tras terminar contrato co Numancia, o mesmo ano do ascenso, fichou pola UD Almería, seguindo a Arconada, o novo técnico do equipo andaluz.[14] Gozou da titularidade na primeira parte da tempada pero perdeuna coa chegada ao banco de Hugo Sánchez,[15] co que non conxeniou, rescindindo o seu contrato ao remate da campaña.[16][17]

RCD Mallorca (2009-2010)[editar | editar a fonte]

Despois de deixar Almería asinou por un ano polo Real Mallorca de Gregorio Manzano. Na illa realizou unha das súas mellores campañas, rematando con 7 goles e co equipo clasificado na quinta posición da Primeira División, a un só punto dos postos de Liga de Campións.

CD Tenerife (2010-2011)[editar | editar a fonte]

Na tempada 2010/11 asinou por tres anos co Tenerife, en Segunda División, onde se encontrou por terceira vez co adestrador Arconada.[18] Con todo, Arconada foi só o primeiro dos cinco técnicos da tempada no equipo canario, que caeu ata a Segunda División B. O club entrou nun ERE e o futbolista fixo de novo as maletas cara a Península.[13]

2ª etapa no Numancia (2011-2018)[editar | editar a fonte]

En agosto de 2011 anunciouse o seu regreso a Soria para xogar de novo no Numancia, onde coincidiu co seu ex compañeiro do Ural, Nano.[19][20] Esta segunda etapa no club prolongouse durante 7 anos, nos que se converteu no máximo goleador da historia do club, con 57 goles.[21] Ademais na tempada 2013/14 foi elixido mellor xogador da Segunda División.[21][22] Despois dunha última tempada na que apenas puido xogar por mor dunha lesión no nocello que o levou ao quirófano, colgou as botas en 2018, con 264 partidos disputados co equipo soriano.[21]

Seleccións nacionais[editar | editar a fonte]

Foi internacional en varias categorías inferiores da selección española. En 1998 participou coa sub-16 no Campionato Europeo en Escocia, conseguindo o terceiro posto. Ao ano seguinte conquistou coa sub-17 a Meridian Cup en Cidade do Cabo. Posteriormente xogou tamén na sub-18 e na sub-21.

En 2005 foi un dos integrantes da selección galega no histórico encontro que esta disputou contra o Uruguai no estadio de San Lázaro, inaugurando unha nova etapa do combinado galego. Xogou tamén os seguintes partidos contra Ecuador, o Camerún e Irán.

En outubro de 2011 debutou coa selección de Venezuela, despois de que se anulase a norma da FIFA que impedía xogar coa selección absoluta dun país despois de ter representado a outra nas categorías inferiores. Fíxoo contra a selección arxentina, nun partido de clasificación para o Mundial de 2014.[2] Xogou un total de catro partidos coa selección venezolana.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Na tempada 2019/20 foi o segundo adestrador de Jon Pérez Bolo na SD Ponferradina.[23]

Familia[editar | editar a fonte]

É irmán do exfutbolista e adestrador Javi Álvarez, que foi internacional coa selección española de fútbol praia.[24]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Numancia[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Selección española sub-17[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Julio Álvarez: En Soria me he reencontrado con el futbolista que quiero ser". El Correo Gallego (en castelán). 7 de novembro de 2007. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Carretero, Rodrigo (14 de outubro de 2011). "Escudo 'vinotinto', corazón rojo". El País (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  3. Barreiros, Pedro J. (3 de xullo de 2008). "El gallego Julio Álvarez jugará en Primera con el Almería". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  4. P. L., Toño (16 de agosto de 1997). "«Los equipos se están olvidando de la cantera»". La Voz de Galicia (en castelán). p. 34. 
  5. "Ballesta pierde la paciencia". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de marzo de 1998. p. 70. 
  6. "El Deportivo podría romper las relaciones con el Real Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de agosto de 1998. p. 35. 
  7. "Biografía de Julio Álvarez Mosquera" (en castelán). 5 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  8. "Julio Álvarez: "He rechazado ofertas de Primera por jugar en el Racing"". As (en castelán). 6 de agosto de 2001. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  9. "Julio Álvarez, cedido al Rayo Vallecano por una temporada". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de agosto de 2002. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  10. Díaz Madrid, Carlos (23 de setembro de 2002). "Julio Álvarez y su «hat trick» llevan al Rayo a una victoria justa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  11. "El Real Murcia ficha a Luis García y Julio Álvarez" (en castelán). 15 de xullo de 2003. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  12. "El Numancia regresa a Primera". El País (en castelán). 18 de maio de 2008. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  13. 13,0 13,1 "Segunda etapa del gallego Julio Álvarez en el Numancia". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de agosto de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  14. "El Almería ficha a Julio Álvarez" (en castelán). 3 de xullo de 2008. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  15. Adrover, S. (21 de setembro de 2009). "Julio Álvarez olvida su pesadilla" (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  16. "Julio Álvarez rescinde su contrato con el Almería". Marca (en castelán). 29 de agosto de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  17. "Julio Álvarez confirma sus diferencias con Hugo en el Almería". El Correo Gallego (en castelán). 31 de agosto de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  18. "El coruñés Julio Álvarez jugará en el Tenerife las tres próximas temporadas". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  19. "Julio Álvarez regresa al Numancia". Marca (en castelán). 11 de agosto de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  20. "Julio Álvarez y Nano, el reencuentro". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de setembro de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  21. 21,0 21,1 21,2 "Julio Álvarez, el adiós de la leyenda del Numancia y de Segunda". Marca (en castelán). 13 de xullo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  22. "Julio Álvarez seguirá vinculado al mundo del fútbol" (en castelán). 24 de xullo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  23. "La Deportiva busca segundo entrenador tras la salida de Julio Álvarez" (en castelán). 23 de xullo de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  24. "El fútbol según la familia Álvarez". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]