Jimbo Wales
Aparencia
(Redirección desde «Jimmy Wales»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Jimmy Donal Wales, coñecido como Jimbo Wales, nado en Huntsville o 7 de agosto de 1966,[1] é un informático estadounidense e o fundador da Wikipedia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Huntsville, Alabama, e graduouse nas Universidades de Auburn e Alabama.
Wikipedia
[editar | editar a fonte]Xunto con Larry Sanger, Wales fundou Wikipedia, unha enciclopedia baseada no concepto wiki e o modelo de software libre.
Wales é membro emérito da xunta directiva da Fundación Wikimedia na actualidade. Tamén forma parte de Wikia, un servizo de aloxamento web de wikis.
Outros
[editar | editar a fonte]Wales é un admirador do obxectivismo, a filosofía creada por Ayn Rand. Mentres estudaba na Universidade, foi dono e moderador dunha lista de correo denominada "Discusión moderada en Filosofía Obxectivista".
Notas
- ↑ "Jimmy Wales". Encyclopædia Britannica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jimmy Wales |