Wikipedia:Relatorios décimo aniversario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
10-Galipedia.svg

Relatorios décimo aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Programa relatorios décimo aniversario

Proposta[editar a fonte]

Facer unha serie de relatorios no mes de marzo sobre diferentes temas relacionados coa Galipedia, o galego, a cultura galega e a súa difusión, a cultura libre e outros temas que podan ser de interés. Esta proposta non tivo o apoio maioritario da comunidade pero pola súa importancia o capítulo Wikimedia España aceptou encargarse da organización.

Necesidades[editar a fonte]

Data de realización[editar a fonte]

A mellor data sería o 9 de marzo, que é o primeiro sábado despois da data do aniversario que é o día 8. A escolla desta data dependerá da dispoñibilidade do lugar para os actos e tamén da axenda dos relatores.

Lugar de realización[editar a fonte]

A cidade escollida para o evento é Santiago de Compostela, a cidade ten diferentes infraestruturas que poderían acoller este evento. Hai que decidir o lugar que pode ser máis interesante e contactar co organismo que o xestiona. As posibilidades máis directas son as seguintes:

  • Auditorio da Universidade
  • Auditorio do concello
  • Auditorio da Cidade da Cultura

Dende a asociación Wikimedia España comentouse que sería interesante contactar coa Universidade de Santiago para saber se estarían interesados en coorganizar o evento. Contactarase nos vindeiros días con eles.

Resolución: Finalmente a USC aceptou deixarnos realizar o evento o 9 de marzo no salón de actos do Colexio Maior Fonseca.

Contacto[editar a fonte]

Para calquera tema relativo á organización deste evento pode contactarse co usuario Elisardojm na súa páxina de conversa ou por correo electrónico na dirección elisardojm arroba gmail.com.

Relatores[editar a fonte]

Precisaríanse algúns relatores cun certo impacto mediático e que tiveran un interés tanto para o público xeral coma para a xente da Galipedia. Fai falta alguén que faga unha presentación do proxecto da Galipedia, tanto da súa historia coma a súa situación actual, posibles proxectos e algunha visión do seu futuro. Xente da cultura galega que teña afinidades co proxecto tamén podería participar, así como xente da cultura libre e as licenzas libres en xeral.

Se a alguén se lle ocorre algún persoeiro que poda ser interesante para este evento pode comentalo na sección final para tratalo entre todos.

Algunhas das persoas coas que se podería contactar, ou xa se contactou, son as seguintes (non hai ningunha orde de preferencia):

Relatores que non poden participar[editar a fonte]
  • David Bravo, abogado especialista en dereitos de autor e propiedade intelectual. Contactouse con el pero non pode participar por falta de tempo. Non OK
  • Ramón Núñez, divulgador científico galego e director do MUNCYT. Contactouse con el pero finalmente non pode participar. Non OK
  • Jorge Sierra, presidente de Wikimedia España. Ó final non poderá asistir. Non OK
  • David Gómez, docente e xerador de material didáctico na UOC, consultor wiki e autor de Debats de l’AAVC: Llicències lliures per al retorn social de la producció artística. Aceptou participar.Non OK
Relatores que poden participar[editar a fonte]
  • Agremon, bibliotecario da Galipedia. Aceptou participar.OK
  • Manuel Gago Mariño, profesor e periodista dixital autor do blog Capítulo cero. Aceptou participar.OK
  • Praza Pública, periódico dixital en galego que usa licenzas libres tanto para os textos coma para as súas imaxes. Aceptou participar.OK
  • CESGA, poden presentar algún proxecto coma o de WikiSkills. Aceptaron participar.OK
  • Javier de la Cueva, avogado creador e impulsor dos Procedimientos Libres, cuxo primeiro procedimento foi a demanda contra o canon nos soportes dixitais, tamén é profesor no Máster de Propiedade Intelectual da EOI. Aceptou participar.OK
  • Urco editora, editorial que usa licenzas libres. Aceptaron participar.OK
  • A navalla suíza, empresa galega adicada ó deseño de proxectos web e que usa software con licenzas libres. Aceptou participar.OK
Relatores pendentes de contactar[editar a fonte]
  • Jimmy Wales, fundador da Wikipedia. Contactado, esperando resposta.En proceso...
  • RAG, relacións da Real Academia Galega coa Galipedia e visión de futuro. Contactados, esperando resposta.En proceso...
  • Colectivo Alg-a. Contactados, esperando resposta.En proceso...
  • Creative Commons España. Ignasi Labastida. Pendente de contactar con eles.En proceso...
  • Stéphane M. Grueso, Director e productor de documentales e non ficción para cine e televisión. Realizador de '¡Copiad, malditos!', documental sobre propiedade intelectual, dereitos de autor e o futuro da cultura na era de internet. Actualmente embarcado en 15M.cc, un proxecto de libro + documental + web colaborativos sobre o movimento 15-M. Tamén fixo un pequeno documental sobre o Prestige, Historias del chapapote. Estas son algunhas das súas obras. Contactado, esperando resposta.En proceso...
  • Jesus M. Gonzalez-Barahona, investigador do grupo Libresoft da Universidade Rei Xoán Carlos. Contactado, esperando resposta.En proceso...
  • Grupo TALG (Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega) da Universidade de Vigo desenroladores de varias ferramentas de lingüística relacionadas co galego. Pendente de contactar con eles.En proceso...
  • CENATIC, Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación TIC basadas en fontes abertas. Pendente de contactar con eles.En proceso...
Posibles relatores[editar a fonte]
  • Bernardo Gutiérrez, é periodista, escritor e consultor de medios. Interesado na tecnopolítica, a cultura dixital e o software libre.
  • Mikel L. Forcada, Departament de Llenguatges i Sistemes Informàtics, Universitat d'Alacant. Apertium: free/open-source machine translation.
  • Llorenç Valverde, matemàtic i informàtic mallorquí. És catedràtic de la Universitat de les Illes Balears des de 1989, encara que des de 2006 és vicerector de tecnologia a la Universitat Oberta de Catalunya.
  • Miquel Vidal/Yonderboy, administrador de sistemas Unix, traballa actualmente como docente e investigador no grupo de enxeñería de software libre da URJC. Antigo bibliotecario da wikipedia en castelán.
  • El cosmonauta, unha película de ciencia ficción ambientada na carreira espacial. Máis de 400.000€ conseguidos con crowdfunding. Será distribuida gratis en Internet ó mesmo tempo que en DVD, televisión e cine.
  • David Maeztu, avogado especializado en temas de propiedade intelectual e novas tecnoloxías.
  • Carlos Sánchez Almeida, licenciado en Dereito e Diplomado en Dereito Civil Catalán pola Universidade de Barcelona. Foi membro de FrEE (Fronteras Electrónicas), organización orientada á defensa dos dereitos civís en Internet, así como colaborador de diversos medios dixitais.
  • Mayo Fuster, investigadora entre a Universidade Autónoma de Barcelona (IGOP) e a Universidade de Harvard (Berkman center). Forma parte do RCom (Research Committe) de Wikimedia. Explora a lóxica democrática de procesos colectivos de creación de coñecemento en liña e a relación entre a gobernanza e o crecimiento da participación. Fixo varios estudos sobre a Wikipedia.
  • Eduard Aibar Puentes, profesor dos Estudis d'Arts i Humanitats da Universitat Oberta de Catalunya e investigador do grupo de investigación sobre Administración e Democracia Electrónica (GADE) do Internet Interdisciplinary Institute da UOC. Está coordinando o proxecto wiki4HE sobre usos educativos de Wikipedia na ensinanza superior.

Mesa redonda[editar a fonte]

A forma clásica de rematar estas xornadas sería coa celebración dunha mesa redonda para tratar algún tema relacionado coa cultura libre aproveitando a asistencia dos relatores. Para isto necesitamos:

  • Proposta dalgún tema a tratar
  • Proposta dalgún usuario avanzado ou biblio para facer de moderador

Difusión[editar a fonte]

Habería que solicitar a axuda de diferentes organismos para que deran publicidade a estes relatorios dentro das súas redes, como poden ser:

  • concellos limítrofes
  • universidades
  • asociacións culturais

Tamén habería que contactar cos medios de comunicación para darlles información do evento, podería xenerarse unha nota de prensa.

  • Propoño votación para usar as imaxes da beira. Aínda que quizáis fora mellor poder usar varias, deixalo libre. Que opinades? --Agremon(contacto) 7 de febreiro de 2013 ás 21:04 (UTC)

Financiamento[editar a fonte]

O tío Sam ten a bandeira galega, eh? :)
Tamén se aceptan propostas para a imaxe para a tarta.
Unha proposta tardía ... ou incluíndo as zonas galegofalantes de fóra da actual Galicia.

Está en elaboración un presuposto e solicitude de beca (grant) á Fundación Wikimedia, en canto se presente o borrador en meta porase a ligazón nesta páxina.

Xa está publicado o borrador de beca, podedes consultalo nesta páxina e comentar alí, ou aquí, as vosas propostas xa que non é un presuposto pechado. O resumo é o seguinte:
  • Viaxes, aloxamento e gastos para tres conferenciantes de fóra de Galicia (500 eur * 3): 1.500 eur
  • Viaxes e gastos para tres conferenciantes de Galicia (75 eur * 3): 225 eur[2]
  • Camisetas para promocionar a Galipedia (12 eur * 40): 480 eur
  • Tartas do aniversario da Galipedia (35 eur * 3 + 10 eur): 115 eur [3]
  • Gastos varios: 180 eur
  • Total: 2.500 eur
O grant foi aceptado pola Fundación Wikimedia polo que en pouco tempo comezaremos a reservar os servizos que se precisan para a organización.
Por 360 euros podo conseguir máis de 20 camisetas, quizais 30-40. E se parece interesante e apropiado podo facer chapas conmemorativas a un baixo prezo (isto podería ir en gastos varios?). --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de xaneiro de 2013 ás 03:04 (UTC)
20 camisetas non chegan, e estou con Estevoaei en que 18 € son caras. En troques das chapas, quizáis saia mellor pegatas...--Agremon(contacto) 2 de xaneiro de 2013 ás 09:14 (UTC)
En relación ó Grant, quizáis mellor que party sería meeting. As camisetas, coido que co Tío Sam serían abondo chungas pro americanas. Non se me da moi ben o tema das imaxes, pero quizáis un celtiña coa bandeira no peito ... En canto ó número de asistentes, coido que se debe axeitar como mínimo que son 30 por charla: Se se pide para varios charlistas e un total de asistentes de 30 persoas, a cousa non vai. --Agremon(contacto) 2 de xaneiro de 2013 ás 09:24 (UTC)
O prezo dos 18 euros tedes razón que é caro (ese foi o prezo que me deron para unha camiseta con transfer por riba de vinilo para poñer nunha camiseta negra, ou algo así, era para outra cousa, que conste) pero deixeino para ter un "colchón". Pero tamén hai que ter en conta que a imaxe, en principio porque parece que hai discordia neste tema :), non é unha imaxe plana, é case coma unha fotografía e saen caras. Se collemos unha imaxe plana con dúas ou tres cores sae máis barato pero tamén será moito menos chula, iso hai que decidilo entre todos. Entón para axustar isto primeiro habería que escoller unha imaxe que nos convenza e logo vemos para cantas nos da. Tamén se pode aumentar un pouco esta partida, quizais poderíamos aumentar o total ata os 2500 e meter eses 200 novos aquí. Os que queran poden propor outras imaxes, ese tema é menor e pode decidirse máis adiante. O que é importante é decidir a cantidade e a calidade (cuatricomía creo que lle chaman (imaxe plana) ou foto) que queremos que teñan.
Non entendo o dos 30 asistentes por charla, pensas que van a asistir en total 30*6 charlas= 180 persoas a este evento?? Se conseguimos que en total veñan 30-50 persoas penso que poderemos dar cun canto nos dentes :) Home, todo dependerá do "cartel" de persoeiros que podamos reunir, polo momento estamos a dúas velas, a ver se estes días contacto con Ramón Núñez e Stéphane Grueso que penso que poderían ser moi interesantes.
Tentarei cambiar o de party por meeting.
O das chapas/pegatas creo que non pode ir en gastos varios porque a idea desa partida é cubrir os imprevistos. Se queredes pode facerse outro concepto para iso, pero penso que tería que ser a costa dos outros porque pasarnos de 2500 euros xa me mete "respeto" :).
Nota: a imaxe do tío Sam ten como detalle a bandeira galega, que conste ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2013 ás 11:59 (UTC)
Xa cambiei o de party por meeting. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2013 ás 14:11 (UTC)

Sobre o do prezo, observo que pos 'unha camiseta'. Ó mellor puido darse o caso de que te deran o prezo para unha e non para un grupo, que sempre baixa. Sobre os asistentes, si, é certo o que dis, pero unha cousa é presentalo como que vai a haber xente solapándose entre diversas charlas, e outra que contando a xente charla a charla, saia un total de 30-50, isto é, 5-8 por charla. En relación á imaxe, sigo sen atopar un fondo libre que me guste. Quizáis se poidera axusta ó que ti pós algo así como 'Téñencho que dicir os fóra e noutra lingua para que reacciones?'. Nese caso, a imaxe resaltaría outro concepto máis agresivo e por oposición. En canto ó número de camisetas, lóxicamente, cantas máis , mellor, pero en Ribadeo de 10 en diante ...--Agremon(contacto) 13 de xaneiro de 2013 ás 11:45 (UTC)

Boeno, vou poñer entón que o prezo por camiseta sexa 12 para 40 camisetas que son 480 euros, ese será o presuposto inicial, logo dependendo da imaxe e do prezo que nos fagan xa veremos cántas nos poden facer. A imaxe pode seguirse buscando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xaneiro de 2013 ás 23:34 (UTC)

Comentarios[editar a fonte]

  • Unha proposta que me comentaron na asociación sería a realización dunha mesa redonda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 04:08 (UTC)
Cría que xa estaba incluída nas propostas iniciais.--Agremon(contacto) 2 de xaneiro de 2013 ás 09:25 (UTC)
Si, debía de estar pero entre tantos comentarios que había nas páxinas ó final fóiseme o santo ó ceo. Vouna engadir nesta páxina, fan falta propostas para o tema! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2013 ás 12:02 (UTC)
  • Como xa dixen na páxina orixinal da proposta, tamén estaría ben que algún galipedista dera unha pequena charla. Pode ser un tema "interno" da Galipedia ou de calquera outra cousa que poda axustarse á idea xeral da cultura galega ou da cultura libre e a súa relación coa Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2013 ás 12:15 (UTC)
Se teño tempo, eu apúntome a un bombardeo ... --Agremon(contacto) 13 de xaneiro de 2013 ás 11:27 (UTC)
  • A ver se entre hoxe e mañá podo aportar algún membro máis á mesa redonda. Vou facer un intento que se me remata de ocorrer.--Agremon(contacto) 13 de xaneiro de 2013 ás 11:50 (UTC)
  • O martes vou ter unha reunión co Vicerreitorado de Estudantes da USC para tratar deste evento, espero apoie esta actividade ofrecéndonos algún lugar para organizalo. Outra cousa, vendo a xente que xa aceptou participar penso que temos máis que abondo para facer un evento ben completiño, de feito estou a pensar que vai ser complicado que toda esa xente expoña os seus relatorios nunha mañá, estou dándolle voltas ó programa e penso que ó final teremos que prescindir dalgunha xente. Xa vos contarei máis cousas o martes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xaneiro de 2013 ás 17:32 (UTC)
  • Eu proporíavos poñer a seguinte imaxe para a conmemoración do 10º aniversario da Galipedia, en substitución da actual (que tamén está moi ben). É certo que galegofalantes hainos por todo o mundo, pero eses serían emigrantes. Pola contra, os galegofalantes que viven nos territorios indicados neste mapa sempre estiveron aí (actual Comunidade Autónoma de Galicia, e zonas máis occidentais das provincias de Asturias, León e Zamora). Este non é un tema político, pois en ningún momento se di que sexan territorios galegos, só territorios nos que se fala galego. Suponse que o que identifica a cada Wikipedia é a lingua que emprega, non as divisións administrativas, non si? Pois se nesas zonas tamén se fala galego non considero xusto que se exclúan.
    Galipedia: a Wikipedia dos galegofalantes
    —o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.144.83.70 (conversacontribucións) 24 de xaneiro de 2013 ás 10:47‎









Crónica do encontro[editar a fonte]

Algúns asistentes ás charlas.
Javier de la Cueva.
Manuel Gago.

O pasado día 9 de marzo celebramos o décimo aniversario da Galipedia cunha serie de conferencias nas que os relatores nos presentaron diferentes temas. O día foi de doble celebración xa que ademais dos dez anos celebramos que o proxecto superara os 100.000 artigos tan só 3 días antes.

O programa era moi completo e metémonos de cheo nel coa intervención de Jose Manuel Abuín, técnico do CESGA, que estivo a contarnos as interioridades do proxecto Wikiskills, un proxecto europeo que tenta buscar xeitos de utilizar as wikis como ferramenta para a educación. Comentounos algúns detalles dos obradoiros que fixeron para introducir os wikis no eido da educación e algúns dos resultados iniciais que obtiveron.

Continou as charlas o noso Agremon, si, o noso primeiro bibliotecario, que nos contou algunhas ideas propias sobre o proxecto, algúns detalles curiosos sobre a historia da Galipedia e o seu nome, e todo isto coma se estivesemos tomando un café entre colegas.

Despois da súa intervención falounos Manuel Gago, o director de culturagalega.org e creador do blog Capítulo 0. Comentou as interaccións entre os persoeiros da cultura galega dos últimos séculos e a súa concentración en pequenas vilas, en oposición á concentración en grandes urbes que se deu noutras comunidades, pero sempre coa necesidade dun contacto e masa crítica, que relacionou co que pode significar internet para a cultura galega. Falou das súas experiencias dentro do estudo da arqueoloxía galega e a súa relación con Internet, e comentounos a falta de información en certas áreas xeográficas, sobre todo nas áreas do interior de Lugo e Ourense, en contraposición coas do arco Atlántico. O mesmiño que nos pasa na Galipedia, vamos.

Despois dun pequeno descanso tocoulle a vez a Javier de la Cueva, avogado experto en propiedade intelectual. Javier falounos da orixe da avogacía xa no Fedro de Platón, do procomún e da ausencia na Agenda Digital para España de ningún apartado sobre software libre, entre outras cousas.

Ó final por causas de forza maior non puidemos realizar a mesa redonda de empresas con licenza libre, pero iso permiteunos concentrarnos con máis calma nas outras charlas que se fixeron.

Estas charlas foron grabadas co permiso de tódolos participantes e en breve estarán dispoñibles en Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2013 ás 22:16 (UTC)