David Bravo
David Bravo Bueno | |
---|---|
![]() Bravo en 2007, conferencia en Granada Byte Festival | |
Nome completo | David Bravo Bueno |
Nacemento | 20 de febreiro de 1978 (43 anos) |
Sevilla ![]() | |
Nacionalidade | España |
Relixión | ateísmo |
Ocupación | Avogado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
David Bravo Bueno, nado o 20 de febreiro de 1978 en Sevilla, é un avogado andaluz especializado en dereito informático e especialmente en propiedade intelectual. Coñecido pola súa participación en debates ou faladoiros para defender o dereito a compartir cultura e coñecemento, divulgando en que consiste o dereito á copia privada ou o termo copyleft, grazas a Internet e as redes de pares (P2P) entre outras ferramentas.
En marzo de 2005 publica unha misiva[1] dirixida ao presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, en relación á Lei sobre propiedade intelectual, a favor de compartir o coñecemento e de non restrinxir aínda máis, na súa opinión, os dereitos de autor.
En xuño do mesmo ano presentou Copia este libro,[2] publicado baixo Creative Commons que, como el mesmo escribiu, trata de...
Tamén actuou como avogado colaborando coas protestas de maio de 2011 en España.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Carta a José Luis Rodríguez Zapatero de David Bravo (2005)
- ↑ Referencia de Copia este libro en 20 Minutos
- ↑ Libro sobre derechos de autor y P2P SomosLibres.org
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Bravo |