A Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Española
LocationHispaniola.PNG
Localización da illa
Hispaniola lrg.jpg
Modelo dixital do terreo da illa
Situación
País Flag of the Dominican Republic.svg República Dominicana
Flag of Haiti.svg Haití
Arquipélago Antillas Maiores
Mar Mar Caribe
Coordenadas 19°00′N 70°40′O / 19.000, -70.667
Xeografía
Xeoloxía Illa continental
Superficie 76.480 km²
Perímetro 3.059 km.
Punto máis alto 3.098 m. Pico Duarte
Demografía
Capital Santo Domingo / Port-au-Prince
Poboación 21.396.000 (2015)
Densidade 280 hab./km²
Lingua propia Español, Francés

A Española é unha illa das Grandes Antillas, no mar Caribe, situada ao sueste de Cuba e ao oeste de Porto Rico, ao sur do paralelo 20º. É a segunda illa máis grande do Caribe logo de Cuba, ten unha superficie de 76.000 km², unha lonxitude de 650 km e un largo máximo de 241 km. É unha illa de relevo moi accidentado; o punto máis alto é o Pico Duarte (3.175 m). O sueste está ocupado principalmente por grandes chairas.

Con máis de 15 millóns de habitantes, é a máis poboada das Antillas.

Politicamente esta dividida en dous países: a República de Haití, que ocupa o terzo occidental da illa, e a República Dominicana, nos dous terzos occidentais. É a única illa do Caribe que pertence a dous estados distintos.

País Densidade de poboación Área Poboación
  (hab./km²) (km²) (aprox 2009)
Haití 352 27.750 9.776.206
República Dominicana 207 48.730 10,090,000
A Española 260 76.480 19.866.206

Historia[editar | editar a fonte]

Cristovo Colón bautizou a illa como Hispaniola tras desembarcar nela o 6 de decembro de 1492 durante a súa primeira viaxe. En 1493, estableceu alí a primeira colonia europea en América, no forte da Natividade.

Antes da colonización, A Española era habitada polos taínos, da familia dos arauacos, que foron sometidos a tratos intensos e forzosos, e ademais, coas novas enfermidades traídas de Europa, chegaron á desaparición, aínda que nalgúns pobos quedan trazos físicos da súa raza; os españois, logo disto, non tiveron suficientes escravos para realizar os traballos, o que os levou a importar escravos desde África, para continuar coa construción da colonia.

A primeira etapa colonial estivo centrada na explotación dos xacementos de ouro, e logo na produción azucreira, que caeu no século XVII. Así, os colonos comezaron a produción de tabaco, xenxibre, café e gando.

A cidade de Santo Domingo é a cidade máis vella do novo mundo fundada por europeos. As súas construcións datan de finais dos séculos XV e XVI como a Catedral de Santa María a Menor (1530), O Alcazar de Colón (1505), O Palacio dos Gobernadores e Xerais (1508), O Hospital de San Nicolás (1503), O Convento de Santa Clara (1553), a Academia Gorgon (1558), A Universidade de Santo Domingo (1530), o Mosteiro de San Domingo (1510), a Ermida do Rosario (1496), e A Muralla de Santo Domingo (1540)

As devastacións de Osorio produciron unha parálise económica tal, que a partir de 1604 foi necesario o «situado», diñeiro que a Coroa Española outorgou a partir do Tesouro da Nova España, que era destinado a pagar os soldos dos funcionarios na Española e en Porto Rico.

A unión entre europeos e africanos da colonia deu orixe ao mulato; os fillos dos europeos brancos denomináronse crioulos.

A Española, coa súa inmellorable posición xeográfica, foi motivo de disputa entre as potencias europeas. Logo das devastacións de Osorio, produciuse o asentamento francés da illa e a proclamación oficial do tratado de Ryswick e logo do tratado de Basilea, que resultou ser o tratado definitivo.

Mapa que mostra a República Dominicana (en vermello) e Haití (a parte en laranxa da illa).
Mapa francés de 1723 ? Nicolás de Fer (1646-1720).
Gravado que representa a chegada dos primeiros europeos á Española.