Caicos do Oeste

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Caicos do Oeste
Turks and Caicos Islands - West Caicos.PNG
Turks and Caicos Islands - West Caicos.PNG
Localización da illa
Situación
PaísReino Unido Reino Unido
MarOcéano Atlántico
Coordenadas21°40′00″N 72°27′30″O / 21.66667, -72.45833Coordenadas: 21°40′00″N 72°27′30″O / 21.66667, -72.45833
Xeografía
Superficie28´5 km²
Longura máxima11´8 km.
Largura máxima2´79 km.
Punto máis alto10 m.
Demografía
CapitalYankee Town (histórica)
PoboaciónDeshabitada

Caicos do Oeste (tamén coñecido en inglés como West Caicos) é unha illa das Illas Turcas e Caicos. Caicos do Oeste, ten unha área de 28 km², e leva deshabitada durante máis dun século.

Na década de 1890, Caicos do Oeste tivo plantacións de sisal, que foron un dos principais cultivos das illas Turks e Caicos. Sobre a illa están as ruínas de Yankee Town (Cidade do Yankee), que foi o centro da industria da illa. Aínda existen alí restos dun ferrocarril.

Polo menos realizáronse dous intentos para adquirir a totalidade da illa. A primeira foi feita polo ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo, a súa intención era utilizala como un agocho. Con todo, foi asasinado antes de que a compra se realizara. En 1972, unha empresa petroleira tratou de adquirir a illa para construír unha refinería, e construíu unha pista de aterraxe. O acordo finalmente non se fixo, e a pista de aterraxe existe ata o día de hoxe.

Un novo esforzo parece estar en curso para construír na illa un resort, que sería establecido como o «West Caicos Reserve». Este esforzo é, aparentemente dirixido para persoas de alto patrimonio. Prevíase a apertura desta comunidade a mediados de 2008. Con todo, debido á caída de Lehmann Brothers (que eran os que financiaban o proxecto), todos os traballos de construción detivéronse en setembro de 2008.

Xeografía[edit | edit source]

A illa é o fogar do Lago Catherine (Catalina) de 2 Km², unha reserva natural protexida, chea de flamengos, xibardos, manta raias, tartarugas mariñas e outras especies silvestres autóctonas. O océano fronte á costa oeste cae rapidamente a máis de 2.100 m..

O lago Catherine está conectado co mar a través de pasaxes subterráneas. As mareas no mar crean unha subida do lago Catherine, que é visible como se "fervera" sobre as bocas da cova no leito do lago. A boca da cova máis grande é Boiling Hole.[1]

Historial[edit | edit source]

Na década de 1890, autorizouse que Caicos do Oeste tivese plantacións de sisal, que foi un gran cultivo das illas Turks e Caicos. Na illa atópanse as ruínas de Yankee Town, que foi o centro da industria na illa. Aínda existen restos dun ferrocarril.

Houbo polo menos dous intentos de compra de toda a illa: o primeiro foi o ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo cuxo propósito era usalo como escondedoiro, pero, foi asasinado antes da compra. A segunda produciuse en 1972 cando unha compañía petrolera intentou mercar a illa para construír unha refinería, aínda que o acordo nunca se realizou, a pista de aterraxe construída pola compañía durante o intento de compra permanece ata os nosos días.

Parece que se está a desenvolver un novo esforzo para converter a illa nun resort privado de alta gama, pasando a ser a 'West Caicos Reserve'. Este esforzo está dirixido aparentemente a multimillonarios, xa que está integrado cunha exclusivo Resort / Spa e Marina de 125 habitacións da cadea Ritz-Carlton. A apertura prevista para esta comunidade debía ser mediados do 2008. Non obstante, debido ao colapso de Lehman Brothers, os financiadores do proxecto, todos os traballos de construción detivéronse en setembro de 2008.

Notas[edit | edit source]

Véxase tamén[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]