Caicos Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caicos Central
Vista da illa
Datos
Capital Conch Bar
País Reino Unido
Localización Océano Atlántico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2006) 468 hab.
Superficie 144´2 km²
Densidade
Coordenadas 21°47′17.49″N 71°44′04.35″W / 21.7881917°N 71.7345417°W / 21.7881917; -71.7345417
Maior Altura 18 m.
Localización
Localización  da illa

Caicos Central, tamén chamada Gran Caicos, (en inglés:Middle Caicos ou Grand Caicos) é a illa máis grande das illas Turks e Caicos. Ao oeste, está separada de Caicos do Norte polo Juniper Hole, e ao leste, de Caicos do Leste polo Lorimer Creek, ambos son pasaxes estreitas que só permiten o paso de pequenas embarcacións.

Caicos Central ten unha superficie de 144,2 km², por encima da marca da marea alta, e de 294,1 km² en marea baixa. A diferenza entre os dous valores que non se contabiliza ao medir a superficie. A poboación estimada era de 468 habitantes en 2006.

O seu territorio coincide co 'Distrito de Caicos Central'.

Hai tres localidades en Caicos Central, de leste a oeste:

  • Lorimers (poboación: 36)
  • Bambarra (poboación: 124)
  • Conch Bar (a capital, poboación: 308)