Saltar ao contido

Mayaguana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMayaguana

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 22°22′33″N 72°54′30″O / 22.3758, -72.9083
Reinos da CommonwealthBahamas Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación271 Editar o valor en Wikidata (0,97 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie280 km² Editar o valor en Wikidata
Medición11,8 (ancho) × 44,2 (lonxitude) km
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Altitude7 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Mayaguana é a illa máis oriental das Bahamas nas Antillas e a menos desenvolvida de todo o grupo. É unha das dúas illas das Bahamas, que teñen un nome en arauaco (a outra é Inagua). Segundo o censo do 2.010 tiña unha poboación de 277 habitantes.

Situada a uns 80 quilómetros ao norte de Inagua e 500 quilómetros ao sur da capital das Bahamas, Nassau, Mayaguana é considerado como o punto medio entre a península de Florida e a illa de Porto Rico. É un fondeadoiro popular para navegantes en ruta dos Estados Unidos cara ao Caribe.

Mayaguana estivo deshabitada ata 1812, cando comezou a recibir poboación de emigrantes desde as Illas Turcas e Caicos, situadas a uns 90 quilómetros ao sueste.

O historiador brasileiro Antonio Varnhagen suxeriu en 1824 que Mayaguana é a illa Guanahani, a primeira á que chegou Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492.

Durante o Proxecto Mercury da NASA e o Programa Apollo, os Estados Unidos instalaron unha estación de restreo de mísiles no aeroporto da illa, que foi utilizada para axudar aos astronautas a manter o curso.

O goberno das Bahamas estivo traballando recentemente con investidores estadounidenses para facer de Mayaguana unha área de libre comercio e un centro turístico. A proposta foi resistida polos mayaguanianos e os bahamianos en xeral, entre eles o moi influente periódico Nassau Guardian.

Poboación e cultura

[editar | editar a fonte]

O maior asentamento é Baía de Abraham (Abraham's Bay) na costa sur. Outros asentamentos son Baía Betsy (Betsy Bay) e Pozo do Pirata (Pirate's Well) no noroeste. As areas deshabitadas de Upper Point (costa norte), Punto Nordés (Northeast Point) e Punto Sueste (Southeast Point) non teñenn rutas terrestres de acceso.

Mayaguana, a menos desenvolvida das illas Bahamas, nunca tivo un crecemento importante. A maioría da súa poboación vive da pesca e as súas granxas. A súa comunicación principal é o sistema de botes que distribúen o correo, que chega unha vez por semana.

Mayaguana ten un chan sumamente fértil, apto para a agricultura e os bosques. Madeiras duras como o lignum vitae, máis coñecido como Pau Santo, e outras poden atoparse na illa. A illa ten varias reservas naturais.

Debido á súa condición de ser a illa máis oriental da cadea das Bahamas, Mayaguana limita ao leste coas fosas profundas do océano Atlántico. Nos seus alrrededores poden atoparse moitos arrecifes de coral, así como restos de naufraxios.

Mayaguana é o fogar da hutia das Bahamas, un roedor que estivo a piques de extinguirse nos anos 60, tamén do flamengo das Indias Occidentais, e a iguana, entre outros. Na zona deshabitada da illa existen abundantes sitios de aniñaxe de tartarugas mariñas. Pódense achar unhas 118 especies de paxaros incluíndo dúas grandes colonias de alcatraces pardos (Sula leucogaster).

Debido a que é a máis illada das Illas Bahamas, Mayaguana é a menos visitada polos turistas. A maior parte dos turistas que recibe buscan precisamente o illamento, así como o mergullo nos arrecifes e a caza de patos. É un centro de ecoturismo.

A illa é accesible por vía aérea, a través do Aeroporto de Mayaguana (MYG), situado ao sueste de Baía de Abraham.