A zoofilia (do grego zoon, "animal", e philia, "afinidade") ou bestialismo é unha parafilia que consiste na atracción sexual dun humano cara a un animal irracional. As persoas que senten esta afinidade ou atracción sexual son coñecidas como zoófilos.
Na preadolescencia poden darse xogos masturbatorios e ata o coito con animais, sobre todo en rapaces que viven en zonas rurais. Estas experiencias adoitan ser transitorias, pois o número de adultos que as manteñen é moi reducido. Nestes casos non se pode falar de individuos zoófilos.[2]
A zoofilia semella aparecer en situacións de carestía sexual, en ocasións entre oligofrénicos. Frecuentemente os actos zoofílicos van asociados ao consumo de alcohol e non poucas veces acompañados dun comportamento sádico. A zoofilia non é legalmente punible en Europa, salvo cando implica un sufrimento para o animal.[3]