Saltar ao contido

Bonobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bonobo
Pan paniscus
Ernst Schwarz 1929 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
P. paniscus Editar o valor en Wikidata
Características
 Período de xestación
8 MM Editar o valor en Wikidata
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
Dimensións
 Masa
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
XéneroPan
EspecieP. paniscus
Datas
 Data de comezo
hai 1.500.000 anos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0c9tq Editar o valor en Wikidata
MeSHD019974 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778273743 e C2909540838 Editar o valor en Wikidata
ITIS573081 Editar o valor en Wikidata
OTT158484 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

Os bonobos[1][2] (Pan paniscus), tamén chamados chimpancés pigmeos[3] ou ananos,[4] son unha das dúas especies de primates do xénero Pan, sendo a outra especie do xénero o Pan troglodytes ou chimpancé común. Malia que moitas veces chimpancé se emprega para denominar a ámbalas dúas especies, adóitase entender que chimpancé só se refire a P troglodytes e que para referirse a Pan paniscus se precisa chamarlle bonobo.

Distínguese por unhas relativamente longas pernas, bicos arrosadiños, cara escura e un rabo peludo e pelo longo na cabeza na súa madurez. Os bonobos atópanse nunha área de 500.000 km2 da cunca do río Congo na República Democrática do Congo, na África central. É unha especie omnívora que habita bosques primarios e secundarios, incluso as masas forestais de varcias, empozadas en temporadas.

Coñécense ben polos seus comportamentos sexuais. O sexo nas comunidades da especie resolven conflitos de estado social, afecto, excitación e con fins de redución de estrés. Dáse en case todas as combinacións de parella e diferentes posicións. Os bonobos apréciase que son matriarciais e con rangos de machos na xerarquia social da comunidade, habitualmente determinada polos vencellos maternais de cada individuo.

Xunto cos chimpancés comúns, o bonobo é a especie actual máis próxima aos humanos. Xa que calquera das dúas especies de Pan non son nadadores habituais, considérase que o río do Congo hai 1,5-2 millóns de anos foi un factor determinante na especiación dos bonobos. Os bonobos viven no sur do río, mentres que os chimanpés comúns están no norte.

Non hai datos actualizados das poboacións actuais da especie, mais as estimacións están nun rango de 29 mil a 50 mil individuos. A especie está catalogada como unha especie en perigo de extinción por mor da destrución do seu hábitat, os movementos de poboación humanos e o crecemento desa poboación e pola comercialización da súa caza.

Chega a vivir en catividade ata 40 anos[5] mais descoñécese o seu rango de vida no seu hábitat natural.

  1. "bonobo". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2018. Consultado o 18/10/2018. 
  2. Mammal Species of The World. 3º Edición. Wilson & Reader
  3. "chimpacé pigmeo". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2018. Consultado o 18/10/2018. 
  4. de Waal, Frans; Lanting, Frans (1997). Bonobo: The Forgotten Ape. University of California Press. ISBN 0-520-20535-9. 
  5. Rowe, N. (1996) Pictural Guide to the Living Primates, Pogonias Press, East Hampton, ISBN 0-9648825-1-5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]