Pracer
Aparencia
O pracer pode ser definido como unha sensación ou sentimento agradábel ou eufórico, que na súa forma natural se manifesta cando se sacia plenamente algunha necesidade do organismo humano: bebida, no caso da sede; comida, no caso da fame; descanso (sono), para a fatiga; diversión (entretemento), para o tedio, e coñecementos (científicos ou non científicos) ou cultura (diferentes tipos de arte) para a curiosidade e a necesidade de crear e desenvolver o espírito. A natureza adoita asociar a sensación de pracer con algún beneficio para a especie e a Filosofía clasifícao entre os tipos posibles de felicidade.
Tipos de pracer
[editar | editar a fonte]Hai moitos tipos de pracer ou satisfacción:
- O pracer físico, que deriva de gozar condicións saudables relacionadas coa estimulación dos órganos dos sentidos (as relacións sexuais ou a inxestión de pratos suculentos de comida, por exemplo). Hai distintos tipos de pracer físico: o producido polo gusto ou pracer gastronómico; o producido polo tacto (masaxe: pracer sexual) nas súas diversas manifestacións...); o pracer auditivo (música), o pracer visual (arte...), o deportivo, etcétera. Os gregos aconsellaban un pracer moderado e consideraban un vicio pernicioso calquera pracer inmoderado.
- O pracer psíquico deriva do recreo que provoca no ser humano a imaxinación e a fantasía, o recordo do agradable, o humor, a alegría, a comprensión e os sentimentos de equilibrio, paz e serenidade, que granxean a chamada felicidade. O mero pensamento pode chegar a sentirse ditoso só coa imaxinación do bo que non se posúe nin se goza nese momento. O pracer "psíquico" é definido por Platón no seu Filebo como o maior pracer, e abarca tamén todos os praceres mentais causados ao percibir cultura ou arte, ou ao crear.
- O pracer intelectual, que nace ao ampliar os nosos coñecementos e arrincar segredos ao descoñecido para poder descubrir e satisfacer as nosas necesidades espirituais e intelectuais, e facer máis libre e consciente o noso actuar.
- O pracer lúdico, que deriva da práctica de calquera tipo de xogo e atópase na raíz de moitos outros tipos de pracer.
- O pracer emotivo ou emocional, que deriva da empatía ao compartir o amor e o afecto da familia, de establecer e soster amizade cos iguais e sentirse aceptado por outros seres humanos.
- O pracer da contemplación, o ser público inclúe o goce estético por calquera sentido, equilibrando criterios obxectivos e subxectivos. A observación do insólito e/ou descoñecido é tamén unha fonte de pracer: espectáculos, esculturas, edificios, pasear, viaxar, ler, etc.