Serras do sur de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Serras do sur de Galiza")

As serras do sur de Galiza son aquelas que se estenden polo país ao longo da raia con Portugal até o río Miño. Trátase dunha agrupación de serras que non teñen unha continuidade dado que están interrompidas pola depresión de Monterrei. Teñen a fractura de varias fallas con orientación N-S ou NE-S.

Características[editar | editar a fonte]

Un primeiro grupo está formado por serras de escasa altura, na comarca de Riós e a serra da Penas Libres, en Vilardevós. Logo de pasada a depresión de Monterrei, están a serra de Larouco, a serra da Pena, a serra de Pisco e mais ao do Serra do XurésXurés. A partir da serra de Santa Eufemia, a orientación pasa de ser L-O a ser N-S, e así continúa até o río Miño polas serras do Quinzo, Queguas e Laboreiro.

Son en xeral serras de relevo suave con arredor de 1.000 metros de altitude por promedio. O pico máis elevado atópase na serra do Xurés, especialmente o Altar dos Cabrós, con 1498 metros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN-10: 84-8341-126-1