Monte Farelo
Coordenadas: 42°45′13″N 07°57′07″O / 42.75361, -7.95194

Monte Farelo dende o Monte Faro
O Monte Farelo é o cumio da Serra do Farelo, con 951 m de altura. A súa cara suroeste pertence ás parroquias de Ventosa e As Trabancas, no concello de Agolada, mentres que a cara do nordés pertence á parroquia de San Martiño de Amarante, no concello de Antas de Ulla[1].
Tradición oral[editar | editar a fonte]
Existen numerosos ditos que fan referencia á inminencia da chuvia cando o Farelo se cobre de nubes[2][3]:
- Pon o pucho o Farelo, auga prós eidos.
- Carapucho no Farelo, auga no pelo ou cando ten pucho o Farelo, auga no pelo.
- Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira.
- Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo.
- Cando o Farelo ten sombreiro, os labradores qu'anden con xeito.
- Néboa no Farelo, millor á noite que á mañán cedo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Farelo (s.d.). En Enciclopedia Galega Universal Ir Indo. Vigo: Ir Indo.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2013.
- ↑ Vázquez Saco, F. (2003). Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega 5. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia & Consellería de Educación e Ordenación Universitaria & Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- ↑ Gargallo Gil, J. E. et al. (s.d.). Farelo. En BADARE: base de datos sobre refranes del calendario y meteorológicos en la Romania. Barcelona: Universitat de Barcelona.