Illa Redonda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Redonda
Ocamaniro
Redonda.jpg
Redonda
Antigua and Barbuda-CIA WFB Map.png
Localización de Redonda
Situación
País Flag of Antigua and Barbuda.svg Antiga e Barbuda
Arquipélago Illas de Barlovento
Mar Mar Caribe
Coordenadas 16°56′20″N 62°20′30″O / 16.93889, -62.34167Coordenadas: 16°56′20″N 62°20′30″O / 16.93889, -62.34167
Xeografía
Superficie 1´6 km²
Longura máxima 1´36 km.
Largura máxima 530 m.
Punto máis alto 296 m.
Demografía
Poboación Deshabitada

Redonda é un peñón deshabitado nas Illas de Barlovento que forma parte, como dependencia, de Antiga e Barbuda.[1] Nas Illas de Sotavento, Indias Occidentais. A illa ten aproximadamente 1´6 km. de longo, 0´5 km. de largo, e 296 m. de altura no seu punto máis alto.[2]

Esta pequena illa atópase entre as illas de Nevis e Montserrat, 56´2 km ao suroeste de Antiga. Redonda está máis próxima a Montserrat que a calquera outra illa; se atopa a 22´5 km ao noroeste de Montserrat, e 32 km ao sueste de Nevis.

Redonda é o fogar dun gran número de aves mariñas, e a illa foi unha fonte importante de guano antes de que os fertilizantes artificiais comezaron a ser producidos en masa. As operacións mineiras co guano comezaron nos anos 1860 e cesaron despois do inicio da Primeira Guerra Mundial. Durante estas operacións mineras construíronse na illa algúns edificios e outras instalacións, algúns restos físicos desa fase da súa historia son aínda visibles.

A finais do século XIX, un banqueiro irlandés fincado na illa veciña de Montserrat, Matthew Dowdy Shiell, reclamouna, ata que foi incorporada ao Imperio Británico. Shiell proclamou ao seu fillo Rei de Redonda pero actualmente hai varias controversias sobre a quen pertence o título, isto sen que a illa deixe de estar, contraditoriamente, baixo a soberanía de Antigua e Barbuda desde 1967.

Historia[editar | editar a fonte]

Na súa segunda viaxe ao Novo Mundo, Cristóbal Colón descubriu a illa e bautizouna como Santa María a Redonda, por "Santa María de la Redonda" unha igrexa en Sevilla, España. De acordo co escrito polo seu fillo Hernando Colón na súa Vida do Almirante os indios chamábana Ocamaniro. Con todo, como a illa era un peñón de pouco máis dun quilómetro cadrado, non representaba ningún interese para as potencias involucradas na colonización de América e, por séculos foi refuxio de corsarios.

O interese pola illa comezou a finais do século XIX cando o Reino Unido anexionouna ás súas posesións en 1872 -temendo que os estadounidenses fixéseno primeiro- en busca de explotar o fosfato de alúmina que abunda na illa e que é producido polo guano dos alcatraces. Con todo, a illa fora reclamada polo banqueiro Matthew D. Shiell en 1865 para celebrar o nacemento do seu primeiro fillo home, Matthew Phipps Shiell, a quen coroou como Rei de Redonda en 1880 nunha cerimonia presidida polo bispo de Antiga. Durante anos os Shiell obxectaron a posesión da illa ante a Oficina Colonial Británica sen éxito, aínda que se lles permitiu seguir usando o título real. Actualmente o Reino de Redonda é por unha banda un xogo literario e o monarca actual é o escritor español Javier Marías, pero por outro hai quen reclama o título como verdadeiro, o caso máis notable é o de William Leonard Gates, quen se autonombra Rei Leo. (Para maior información consultar o artigo correspondente.)

Redonda estivo habitada tras formar parte do Imperio Británico debido á explotación dos depósitos de fosfato, cuxa extracción anual roldaba as 7,000 toneladas. En 1901 a poboación da illa constaba de máis ou menos 120 persoas, pero foi evacuada desde a Primeira Guerra Mundial e permaneceu así desde entón.

Actualmente Redonda é parte de Antiga e Barbuda e adminístrase como unha dependencia.

Bandeira de Redonda

Micronación[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Reino de Redonda.
A illa de Redonda, vista desde Nevis, con Montserrat debilmente visible na distancia

Redonda é coñecida internacionalmente, dun modo menor, como micronación, debido á curiosidade do mito dos "Reis de Redonda", unha historia que entretexe realidade e ficción. De acordo cunha versión (posiblemente imaxinaria) dos acontecementos, M. P. Shiel, un autor de novelas de fantasía, conta que no ano do seu nacemento, 1865, o seu pai Mateo Dowdy Shiell, de Montserrat, decidiu celebrar o seu primeiro fillo varón, dispoñendo que o neno fora coroado rei de Redonda á idade de 15 anos, nunha cerimonia levada a cabo supostamente na pequena illa por un bispo.

M. P. Shiel, o fillo e o autor, foi a primeira persoa que mencionou a idea do "Reino de Redonda", que estaba nun folleto promocional dos seus libros. Desde entón, o título foi "transmitido", e continúa ata os nosos días. Durante un período de tempo que a liñaxe "real" de Redonda era un tema máis ou menos exclusivamente literario, o título se dá aos escritores e similares, por exemplo John Gawsworth e Jon Wynne-Tyson. Wynne-Tyson (o rei Juan II), o seu sucesor, o novelista español Javier Marías (Rei Xavier), e contendentes rivais polo título, como Redondan Gawsworth, William L. Gates e Bob Williamson, foron presentados nun documental da BBC Radio 4, Redonda: A illa con demasiados Reis , que foi transmitido en maio de 2007.[3]

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Redonda Modificar a ligazón no Wikidata