Bandeira de Saint Kitts e Nevis
Aparencia
| Bandeira de Saint Kitts e Nevis | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 2:3 |
| Adopción | 19 de setembro de 1983 |
| Cores | Verde Amarelo Vermello Branco Negro |
A bandeira de Saint Kitts e Nevis foi adoptada o 19 de setembro de 1983. Está dividida en dúas metades por unha banda situada na súa diagonal ascendente (dende o lado do mastro). Ten as cores do panafricanismo: a metade superior é de cor verde, a inferior é vermella e a banda é de cor negra con bordos amarelos. No interior da banda figuran dúas estrelas brancas de cinco puntas que están desprazadas cara aos bordos.
A cor verde representa a fertilidade da terra, o vermello a loita contra o colonialismo, o negro simboliza os vencellos con África e o amarelo a luz do sol.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]- Bandeira de Nevis
- Bandeira naval
- Bandeira de Saint Kitts e Nevis e Anguila (1967)