Montalbán de Córdoba
Coordenadas: 37°35′N 04°45′O / 37.583, -4.750
Montalbán de Córdoba | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Montalbán de Córdoba | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade Autónoma | ![]() | ||
Provincia | Córdoba | ||
Comarca | Campiña Sur | ||
Xeografía | |||
Altitude | 273 msnm | ||
Superficie | 33,66 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 4.635 hab. (INE 2012) | ||
Densidade | 137,7 hab./km² | ||
Xentilicio | Montalbeño/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 14548 | ||
Alcalde | Miguel Ruz Salces (IU LV-CA) (2011) | ||
www.aytomontalban.com |
Montalbán de Córdoba é un municipio español situado no suroeste da provincia de Córdoba, na comunidade autónoma de Andalucía. O municipio atópase na comarca da Campiña Sur Cordobesa[1] e pertence ao partido xudicial de Montilla.[2] As súas coordenadas xeográficas son 37º 35' N, 4º 45' O.[3] Atópase a unha altitude de 273 msnm[4] e a uns 42 km da capital de provincia, Córdoba. A extensión do seu termo municipal é de 33,9 km².[4] No ano 2011 tiña 4.586 habitantes e unha densidade de poboación de 136,24 hab/km².[5]
O nome do municipio deriva do latín MONTEM·ALBANVM,[6] que significa "Monte Branco", evolucionando a Monte Albano, despois a Mont' Alban' e finalmente é Montalbán. Este nome é consecuencia da cor da terra do monte sobre o que se sitúa a localidade, que é de calcaria branca.[6]
Montalbán é moi coñecido polo seu cultivo do allo, sendo o primeiro produtor de allo de Andalucía e aglutinando o 37% da produción de allo da Unión Europea.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Páxina oficial da comarca da Campiña Sur Cordobesa. "El territorio". Consultado o 9 de maio de 2013.
- ↑ Partido Judicial de Montilla Arquivado 29 de xullo de 2009 en Wayback Machine., páxina da Consejería de Xustiza e Administración Pública da Xunta de Andalucía. (Consultado o 14 de febreiro de 2009).
- ↑ Instituto de Estadística de Andalucía (ed.). "Ubicación y coordenadas". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 9 de maio de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Xunta de Andalucía. (Consultado o 9 de maio de 2013).
- ↑ Cifras de población referidas al 01/01/2011 Real Decreto 2124/2008, de 26 de diciembre, páxina do Instituto Nacional de Estadística. (Consultado o 28 de agosto de 2011).
- ↑ 6,0 6,1 Los Pueblos de Córdoba; tomo 3, páxina 933. Córdoba (1993): La Caja, Obra Cultural. ISBN 84-606-0591-4
(...) O seu topónimo, cuxas raíces de orixe latina se encontran na época de predominio castelán, fai referencia precisamente ao emprazamento da poboación e á cor da súa terra: Montalbán ou "monte branco". (...)
(...) Montalbán atópase sobre un monte de branca calcaria -de onde provén o seu nome- (...) - ↑ Diputación de Córdoba (ed.). "Agenda 21: Revisión Medioambiental Inicial (Montalbán)". Consultado o 11 de xullo de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montalbán de Córdoba |
- Ayuntamiento de Montalbán de Córdoba
- Montalbán de Córdoba, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía.
- Patrimonio cultural de Montalbán de Córdoba en la Guía Digital del Patrimonio Cultural de Andalucía. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico