El Carpio
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Córdoba | ||||
| Capital | El Carpio | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.327 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 47 km² | ||||
| Altitude | 138 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Francisco Ángel Sánchez Gaitán (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 14620 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 14018 | ||||
| Sitio web | ayunelcarpio.es | ||||
El Carpio é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. Con 4.555 habitantes no ano 2012, unha extensión superficial de 47 km², tiña unha densidade de 96,3 hab/km². Está situado ao leste da provincia, desde os contrafortes de Serra Morena até o Guadalquivir, nunha paisaxe de fértiles terras de oliveiras, veigas e de cultivos herbáceos. Nas ribeiras do río existen uns soutos que resultan de grande interese natural pois serven de refuxio para numerosas aves acuáticas.
Tamén está situado xunto a dúas vías de comunicación importantes: a autovía A-4 (Madrid-Cádiz) e a liña de ferrocarril Madrid-Córdoba. No mesmo municipio de El Carpio, a poucos quilómetros do centro urbano e ao outro lado da autoestrada, encóntranse unha presa e unha central solar.
As súas coordenadas xeográficas son 37º 56' N, 4º 30' O. Atópase situada a unha altitude de 138 metros e a 30 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Carpio |
- Ayuntamiento de El Carpio
- El Carpio. Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
- Día de la Inmaculada
