Reino de Córdoba
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Capital | Córdoba | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1236 | ||||
| Disolución | 1833 | ||||
| Sucedido por | Córdoba e Andalucía | ||||
O Reino de Córdoba foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a División territorial de España en 1833. Foi un dos catro reinos de Andalucía.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Desde o punto de vista xurisdicional o territorio do Reino de Córdoba era reguengo e señorial. O reguengo centrábase ao redor da cidade de Córdoba e os seus arredores, mentres que ao norte e ao sur da capital existían extensos señoríos territoriais da Casa de Aguilar-Priego, a Casa de Cabra e do Condado de Santa Eufemia, así como outros señoríos menores, como o Marquesado de Benamejí, o Condado de Luque e as posesións da Casa de Comares e da Casa del Carpio.
O Real Decreto de 30 de novembro de 1833 creou a provincia de Córdoba, que se formou unindo as localidades do reino homónimo e os seguintes lugares de Estremadura: Belalcázar, Fuente la Lancha, Hinojosa del Duque e Villanueva del Duque. Con todo Chillón e a súa aldea de Guadalmez, lugares pertencentes ao reino, pasaron a formar parte da provincia de Cidade Real. Así mesmo a nova provincia incorporou dúas exclaves do Reino de Xaén que existían no Reino de Córdoba: Belmez (que incluía Peñarroya-Pueblonuevo, segregada en 1886) e Villafranca de Córdoba, antes "das Agullas".

