Lucena, Andalucía
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Andalucía | |||
| Provincia | Córdoba | |||
| Capital de | ||||
| Capital | Lucena | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 43.408 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 351 km² | |||
| Altitude | 485 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 14900 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 14038 | |||
| Sitio web | aytolucena.es | |||
Lucena é unha cidade e un concello español da provincia de Córdoba, en Andalucía. O concello ten unha superficie de 352,05 km².[1] Atópase a unha altitude de 487 metros e a 67 quilómetros da capital de provincia, Córdoba. Polo seu pasado xudeu tamén é coñecida como "Perla de Sefarad". Ademais, é das poucas cidades de España que ostenta o título de “mariana” debido á gran devoción que se lle profesa á súa patroa, María Santísima de Araceli. Esta foi nomeada patroa en 1851 e "alcaldesa perpetua" en 1955.
O seu nome provén do hebreo Eli ossana אלי הושענא (en hebreo: עברית), "Deus nos salve", nome co cal foi chamada orixinalmente polos xudeus, mentres que os musulmáns a denominaban اليشانة Al-Yussana. Trátase da principal poboación en termos demográficos e económicos da provincia tras a capital e está situada nun importante nó de comunicacións de estradas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Organismo Autónomo Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG) (ed.). "Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población.". Consultado o 7 de xullo de 2023.
