Saltar ao contido

Espiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEspiel
Imaxe

Localización
Mapa
 38°11′16″N 5°01′13″O / 38.1877, -5.0204
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaCórdoba Editar o valor en Wikidata
CapitalEspiel Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.386 (2023) Editar o valor en Wikidata (5,47 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie436 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude548 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Antonio Fernández Romero (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal14220 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE14026 Editar o valor en Wikidata

Páxina webaytoespiel.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX457876

Espiel é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. No ano 2005 tiña 2.386 habitantes. A súa extensión superficial é de 436 km² e tiña unha densidade de 5,5 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 11' N, 5º 01' O. Atópase a unha altitude de 548 metros e a 50 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

A súa estratéxica situación no centro do val do Guadiato influíu sobremaneira no asentamento protohistórico nas terras de Espiel, atopándose unha gran cantidade de xacementos do calcolítico, do megalítico etc. Destacar os asentamentos da Estrella, La Alhondiguilla ou El Vacar, e o achado dun ídolo-placa en serpentina verde con diversos gravados.

Para rematar é importante apuntar o conxunto arqueolóxico do Germo constituído por unha basílica e un baptisterio visigodos, erixidos cara ao 600 d.C.

O castelo musulmán de El Vacar é unha fortaleza da época califal construída en tempos da al-Hakam II e que Fernando III doou a Córdoba no 1237.

Os primeiros indicios de civilización corresponden á época romana. Na localidade estivo asentada a poboación de Siciliana, quedando restos do seu asentamento como moedas ou sepulcros. Trala Reconquista pasou a pertencer ao señorío de Córdoba, e xa no ano 1546 Pedro Sánchez de Sepúlveda gañou unha provisión para que a vila tivese alcalde, alguacil e escribano. Dese modo evitábanse as molestias orixinadas aos seus veciños cando tiñan que ir a Villanueva para os seus negocios e outorgamentos de escrituras. No século XVII foi comprada por Don Juan Jiménez de Góngora, logo marqués de Almodóvar de Trasserra. Os veciños espeleños dan crédito á tradición de que o pobo remóntase nos seus inicios a unhas chozas (feitas por uns cabreiros nos actuais asentamentos da vila), as que despois se converteron en casas que se foron amontoando aos poucos, aínda que non se precisa en que momento. Este territorio estivo na antigüidade moi poboado de aldeas, contándose ademais os asentamentos dalgúns soados mosterios de cuxos edificios coñecense aínda as ruínas, parte das cales pertencen ao termo de Villaviciosa. Pero, sen ningunha dúbida, o achado máis singular dos levados a cabo en Espiel é o da campá do abade Samson, descuberta nun pozo desta localidade. Hoxe gárdase no Museo Arqueolóxico de Córdoba e está considerada como a máis antiga do país.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Espiel - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía