Bujalance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 37°53′47.66″N 04°23′0.92″O / 37.8965722, -4.3835889

Bujalance
Bandera de Bujalance.svg
Escudo de Bujalance.svg
Bujalance centro ciudad.jpg
Vista aérea de Bujalance
Localización
Bujalance-mapa.png
País España España
Comunidade Autónoma Andalucía Andalucía
Provincia Córdoba
Comarca Alto Guadalquivir
Xeografía
Altitude 357 msnm
Superficie 124,82 km²
Demografía
Poboación 7.932 hab. (INE 2011)
Densidade 63,55 hab./km²
Xentilicio Bujalanceños, bursabolitanos ou bursabolenses
Outros datos
Código postal 14650
Alcalde Francisco Mestanza León (PA)
www.bujalance.es

Bujalance é unha localidade da provincia de Córdoba, Andalucía. Áchase na campiña de Córdoba, no mesmo corazón de Andalucía no que se localizan importantes caracteres xeográficos e socioeconómicos xenuínos da Andalucía occidental. No ano 2011 tiña 7.932 habitantes (INE). Desde 1630 ostenta o rango de cidade, outorgado por Filipe IV. A súa extensión superficial é de 124 km² e ten unha densidade de 63,5 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 54' N, 4º 23' O. Está a unha altitude de 357 metros, altura dos cerros de Jesús, San Benito e Santiago (casco urbano) e a 42 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da cidade aparece na época romana. Para algúns foi Calpurniana, para outros Bursabolis, Borjalimar ou a célebre Colonia Baetis. Outros cren que o topónimo actual nace dos termos Vogia e Laos (o pobo de Vogia). Os árabes chamárona Bury al-Hans, que significa Torre da Cóbrega. De aí derivaría o nome actual: Burialhanç, Burialhançe, Buxalançe, Buxalanze, Buxalance, Bujalance.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Pertence á Comarca do Alto Guadalquivir. A paisaxe é a típica da campiña alta de Córdoba, con suaves outeiros moi fértiles dedicados sobre todo ao monocultivo da oliveira (máis do 90% do terreo cultivado) e a cultivos de secaño, onde existen o hábitat rural típico andaluz, o cortijo, e restos arqueolóxicos iberos, romanos, visigodos etc. que dan mostra de que estas fértiles terras, de augas subterráneas abundantes, foron ocupadas desde hai séculos. No termo municipal atópase os núcleos de poboación de Bujalance (onde se concentra a ampla maioría) e Morente (con arredor de 100 veciños). As terras están constituídas de materiais brandos e moi recentes, na súa maioría margas miocénicas, que orixinaron unha paisaxe cunha topografía suave, con pendentes débiles e onde resaltan algúns cerros, como por exemplo, o emprazamento da cidade. O clima é mediterráneo continental, con invernos temperados e veráns secos e calorosos, as choivas irregulares con seca estival.

Noroeste: Pedro Abad e El Carpio Norte: Pedro Abad, Montoro e Villa del Río Nordeste: Villa del Río e Lopera
Oeste: El Carpio e Córdoba Rosa de los vientos.svg Leste: Lopera e Cañete de las Torres
Suroeste Córdoba Sur: Córdoba e Cañete de las Torres Sueste: Cañete de las Torres

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]