Villaralto é un municipioandaluz da provincia de Córdoba. No ano 2005 tiña 1.385 habitantes. A súa extensión superficial é de 23km² e ten unha densidade de 60,2 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 27' N, 4º 59' O. Atópase situada a unha altitude de 585 metros e a 80 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Está comprendido dentro do conxunto de pobos que compoñen a comarca de Los Pedroches, situado no corazón xeográfico da mesma.
Villaralto limita cos concellos de El Viso, Hinojosa del Duque, Alcaracejos, Dos Torres e Villanueva del Duque. O seu edificio máis emblemático é a parroquia de San Pedro Apóstolo, con tres naves e torre do século XVIII. A festa máis coñecida é a romaría da Divina Pastora que se celebra na ribeira do Guadamatilla o primeiro domingo de maio. A economía está baseada na gandaría, a agricultura, algunhas industrias e establecementos varios.