Moriles
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Andalucía | |||
| Provincia | Córdoba | |||
| Capital | Moriles | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 3.643 (2024) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 19,54 km² | |||
| Altitude | 375 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcaldesa | Francisca Araceli Carmona Alcántara | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 14510 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 14045 | |||
| Sitio web | moriles.es | |||
Moriles é unha localidade española, con concello propio, da provincia de Córdoba, en Andalucía. En 2005 tiña 3.874 habitantes. A extensión superficial do municipio é de 20 km².
É famoso polos seus viños, finos e xenerosos, semellantes aos criados na próxima Montilla.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]As súas coordenadas xeográficas son 37º 26' N e 4º 36' O. Atópase situada ao suroeste da provincia, a unha altitude de 375 metros e dista 65 quilómetros da capital, Córdoba.
Historia breve
[editar | editar a fonte]A localidade non existía no século XIX aínda, e o seu xurdimento debeuse ao empeño de Manuel Fernández Jiménez, deputado local. O concello foi creado por un decreto do rei Afonso XIII de 1 de xuño de 1912, nun lugar, Zapateros, onde existían uns vellos lagares, tomando o nome duns pagos próximos denominados Moriles, nos que se producían vides das que se elaboraba un excelente viño. Até 1951, o concello, escindido do de Aguilar de la Frontera, non tiña aínda ben delimitados as súas lindes; nese ano, unha sentenza do Tribunal Supremo marcou os que ten na actualidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moriles |
- Moriles - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
- I.E.S. Las Viñas Arquivado 25 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
