Iznájar
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Córdoba | ||||
| Capital | Iznájar | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.739 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 136 km² | ||||
| Altitude | 522 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Isabel Lobato Padilla (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 14970 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 14037 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | iznajar.es | ||||
Iznájar é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. No ano 2010 tiña 4.714 habitantes. A extensión superficial do seu termo municipal é de 136 km² e tiña unha densidade de 34,57 hab/km². As coordenadas xeográficas do núcleo urbano son 37º15' N e 4º18' O. A vila, coroada polo Castelo de Hisn-Ashar e a Parroquia de Santiago Apóstolo, atópase a unha altitude de 539 msnm e a 110 km da capital de provincia, Córdoba. A finais do século XIX, máis de dous terzos da súa poboación estaba diseminada por cortixos, casas de campo e aldeas. Aínda na actualidade, máis da metade dos habitantes están inseridos no rural.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome de Iznájar debe proceder do árabe Hisn-Ashar حصن عشر, que significa "castelo alegre".[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José María Calvo Baeza, Nombres de lugar españoles de origen árabe, Madrid, Darek-Nyumba, 1990 (col. Pliegos de Encuentro Islamo-Cristiano, núm. 11)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iznájar |
- Iznájar - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
- Paisajes Culturales de Andalucía: Paisaje de Iznájar. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico
