Villafranca de Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°57′N 04°32′O / 37.950, -4.533

Villafranca de Córdoba
Bandera de Villafranca de Córdoba.svg
Escudo de Villafranca de Córdoba.svg
RemediosvillafrancacordobaWK.jpg
Ermida da Nosa Señora dos Remedios
Localización
Villafranca-de-Cordoba-mapa.png
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía Andalucía
ProvinciaCórdoba
ComarcaAlto Guadalquivir
Xeografía
Altitude146 msnm
Superficie58 km²
Demografía
Poboación4.752 hab. (INE 2011)
Densidade81,93 hab./km²
XentilicioVillafranqueño/a
Outros datos
Código postal14420
AlcaldeFrancisco Javier López Casado (PSOE)
www.villafrancadecordoba.es

Villafranca de Córdoba é unha vila e municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2005 tiña 3.893 habitantes. A súa extensión superficial é de 58 km² e ten unha densidade de 67,1 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 146 metros e a 27 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Forma parte da Mancomunidade do Alto Guadalquivir cordobés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O casco urbano atópase na ribeira dereita do río Guadalquivir e ao pé de Serra Morena. A súa morfoloxía urbana responde aos denominados "pobos de chaira", pois carece de localización defensiva, xa que a súa fundación produciuse cando a fronteira entre cristiáns e musulmáns se encontraba moi afastada, e polo tanto, ao abrigo de ataques.

Historia[editar | editar a fonte]

Acháronse restos arqueolóxicos de época prehistórica, e incluso relaciónase a localidade coa romana "Sacilis" (ou "Cecilia"), existindo un tramo na Vía Augusta nos seus arredores. Mais a súa actual localización é de orixe medieval, cando no século XIV Pedro I de Castela lla cedeu ao seu "Reposteiro Maior", Martín López de Córdoba, con licenza para poboala con novos veciños, cun asentamento que foi estimulado con privilexios e franquías, de onde procede o seu nome actual, que en principio foi "Villafranca del Cascajar". Despois pasou á Orde de Calatrava e máis tarde aos Fernández de Córdoba, para acabar integrándose na casa de Medinaceli xa no século XVIII. Como curiosidade, apuntar que formaba parte do Reino de Xaén, un exclave, denominándose "Villafranca de las Agujas" até a división provincial de Javier de Burgos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]