La Rambla, Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLa Rambla, Córdoba
Imaxe

Localización
Mapa
 37°36′22″N 4°44′23″O / 37.6062, -4.7396Coordenadas: 37°36′22″N 4°44′23″O / 37.6062, -4.7396
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Córdoba Editar o valor em Wikidata
CapitalLa Rambla (Córdoba) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación7.473 (2023) Editar o valor em Wikidata (54,23 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie137,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude358 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJuan Jimenez Campos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal14540 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE14057 Editar o valor em Wikidata

Sitio webaytolarambla.org Editar o valor em Wikidata

La Rambla é un concello español da provincia de Córdoba, en Andalucía. Atópase na Campiña Sur, a 358 metros de altitude e a 41 km de Córdoba. En 2015 tiña 7547 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Sobre o lugar que ocupa La Rambla asentouse un poboado prehistórico no lugar chamado La Minilla, onde hai algúns anos acháronse uns vasos campaniformes con máis de 3000 anos. Posteriormente asentaríase unha cidade romana que amurallaría a poboación e sobre esta os musulmáns fundarían Al-Ramla (que significa areal). En 1480 a tenencia do seu castelo foi outorgada a Gonzalo Fernández de Córdoba, "O Gran Capitán".

Pero o 6 de febreiro de 1521 La Rambla viviu o acontecemento histórico máis importante durante o reinado de Carlos I, ao reunirse nela as cidades anticomuneiras de Andalucía para ratificar ao Rei. La Rambla era vila de reguengo pertencente á xurisdición de Córdoba. En 1647 Filipe IV permítelle nomear alcalde maior, pero cinco anos máis tarde a entrega ao Conde-Duque de Olivares, cuxo herdeiro, o marqués de El Carpio, véndea en 1677 aos marqueses de Almodóvar, máis tarde señores de La Rambla.

En La Rambla o 4 de marzo de 1864 naceu Alejandro Lerroux, que ocupou a presidencia do goberno durante un breve período da Segunda República Española.

Economía[editar | editar a fonte]

A súa principal fonte de riqueza segue sendo a agricultura, aínda que destaca a incipiente e próspera industria oleira, con máis de 110 fábricas que distribúen os seus produtos por todo o mercado nacional, e, de maneira progresiva vaise incorporando ao mercado internacional.

Pero, aínda sendo a industria oleira a máis importante, non é a única, conta o municipio de La Rambla cunha moderna fábrica de fariña, das máis grandes de España, outras de maquinaria agrícola, e as cooperativas olivareira. Contaba ata fai moi pouco cunha cooperativa vitivinícola actualmente en liquidación.

Está a verse un pulo elevado de empresas do moble, cunhas 40 industrias. Centros comerciais especializados en artigos de agasallo fan de La Rambla un gran centro comercial da comarca.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Torre das Monxas
  • Igrexa parroquial da Nosa Señora da Asunción
  • Igrexa da Santísima Trindade
  • Castelo de La Rambla
  • Ermida da Inmaculada Concepción
  • Igrexa do Espírito Santo
  • Ermida do Calvario
  • Torre das Monxas
  • Casa Museo Alfonso Ariza
  • Museo da Cerámica

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]