Priego de Córdoba
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Córdoba | ||||
| Capital | Priego de Córdoba | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 21.764 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 288,27 km² | ||||
| Altitude | 652 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Inmaculada Concepción | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 14800 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 14055 | ||||
| Sitio web | priegodecordoba.es | ||||
Priego de Córdoba é un municipio do sur de España, pertencente á provincia de Córdoba. Pertence á comarca de Subbética e é chamada "a cidade da auga", polos numerosos mananciais do termo municipal. Segundo o padrón de 2009, conta con 23.513 habitantes, repartidos entre a capital, 8 aldeas e 17 diseminados.
O termo municipal de Priego de Córdoba está dedicado case na súa totalidade á agricultura do oliveiral para a elaboración do aceite, do que obtivo a denominación de orixe, en parte debido á climatoloxía e xeoloxía da contorna, cun relevo moi accidentado, non moi propicio debido ao alto índice de pendentes existentes, e un clima que propiciaron o seu desenvolvemento, aínda que tamén dedicado ao cultivo do cereal, legumes e outros cultivos.
Debido á súa historia, cun rico patrimonio histórico que data desde a época romana, e á súa localización, situado dentro do parque natural da cordilleira Subbética en pleno centro de Andalucía, estase explotando o desenvolvemento do turismo.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Priego de Córdoba |
