Pena Veidosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°31′43″N 7°55′49″O / 42.528600, -7.930300

Pena Veidosa
Salto en Pena Veidosa.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 2321.07 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo, Ourense
Concellos: Carballedo, San Cristovo de Cea
Ríos: río Asma, río Búbal, río Oseira,
Picos Pena Veidosa, Pena Ventosa, Serra de Martiñá
Direccións de interese:
Teléfonos:

Pena Veidosa é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe cumes como o da pena Veidosa e bosques de montaña arredor do nacemento do río Arenteiro. Esta área de conservación ocupa 2.321 ha. dos concellos lucenses e ourensás de Carballedo e San Cristovo de Cea.[1][2][3][4][5]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

Nos penedos do espazo están presentes rochedos con vexetación casmofítica e pioneira. Dominan ademais os queirogais e prados pobres de sega ou estepas de gramíneas. As ribeiras do espazo fórmana os abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior). As carballeiras da pena Veidosa fórmanas os carballos comúns (Quercus robur) e cerquiños (Quercus pyrenaica).[4][5]

Fauna[editar | editar a fonte]

Neste espazo existen poboacións das especies en risco de Geomalacus maculosus e Lucanus cervus. Conta tamén con nove especies de aves con algún interese de conservación.[4][5]

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Peixes Chondrostoma polylepis
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Barbastella barbastellus
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

A Pena Veidosa foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1130004 Pena Veidosa". Consultado o 10/9/2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "NATURA 2000 - Standard Data Form: ES1130004 - Pena Veidosa". Consultado o 10/9/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]