Estadio Nuevo Mirandilla
Estadio Nuevo Mirandilla | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Custo | 11 mill. de pesetas (~66111.27 €)[1] | |||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Cádiz CF ![]() | |||
Ocupante | Cádiz CF ![]() | |||
Propietario/a | Concello de Cádiz | |||
Arquitecto/a | Manuel Muñoz Monasterio Manuel Fernández Pujol | |||
Datas | ||||
Fundación | 3 de setembro de 1955 ![]() | |||
Inauguración | 3 de setembro de 1955 | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 20.724 | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Cádiz | |||
Concello | Cádiz ![]() | |||
Localización | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Estadio Nuevo Mirandilla, anteriormente coñecido como Ramón de Carranza, é o estadio de fútbol do Cádiz Club de Fútbol.
Foi construído entre maio de 1954 e agosto de 1955 e finalmente estreado o día 3 de setembro de 1955, co partido disputado entre o mesmo Cádiz e o FC Barcelona, acabando co resultado de 0-4 favorable ao equipo catalán. A primeira fase da súa remodelación concluíu a principios de 2005, a segunda fase do fondo norte concluíu en 2008 e a terceira fase da tribuna finalizouse en 2012. A tribuna foi inaugurada o 18 de xullo de 2012 cun partido preparatorio para os Xogos Olímpicos de Londres 2012 entre os equipos sub-21 de España e México. En novembro de 2019, albergou o partido entre España e Malta na fase de clasificación para a Euro 2020. O partido rematou cunha ampla vitoria de España por 7 goles a 0.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]
Foi construído entre maio de 1954 e agosto de 1955, traballaron na súa construción entre 150 e 250 obreiros. O equipo técnico formárono os arquitectos Muñoz Monasterio e Fernández Pujol, o aparellador Fernando Accame e o enxeñeiro polo contrato de obras Gonzalo. O campo tiña unhas medidas de 106 por 68 metros, e unha pista de atletismo ao redor de 400 metros. A torre olímpica, máis coñecida como a torre de preferencia, tiña unha altura de 30 metros e o aforamento era de 15.000 espectadores. O estadio non contou con iluminación propia ata 1957. A estrutura, completamente ovalada, mantívose ata 1984, data en que se fixo a primeira remodelación. A devandita remodelación sobreviviron o fondo sur, e a preferencia, que esperan a súa quenda na segunda reforma.
Como consecuencia da aplicación da Lei de memoria histórica, cambiou o seu nome de "Ramón de Carranza" a "Nuevo Mirandilla"[3], xa que levaba o nome dun alcalde franquista, nomeado por Primo de Rivera e que apoiou o alzamento sublevado.
Inauguración
[editar | editar a fonte]O 3 de setembro de 1955 foi o día en que se inaugurou o estadio municipal, ao que se lle puxo o nome do militar galego Ramón de Carranza. Foi máis tarde, o 6 de agosto cando se ascendeu a bandeira nacional no estadio, coa presenza de José León de Carranza Gómez-Pablos. Ás 17.30, o bispo de Cádiz, Tomás Gutiérrez Díez, procedeu á bendición do novo estadio. Ao acto asistiron as autoridades locais e provinciais e outros personaxes públicos. Logo da bendición houbo un desfile de atletas, e ás 18.15 comezou o partido inaugugral entre o Cádiz CF e o FC Barcelona que acabou con vitoria visitante por 0-4.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La inauguración del Carranza". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 05 de xullo de 2021.
- ↑ "Spain-Malta | European Qualifiers". UEFA.com (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2020.
- ↑ Melchor, Mateo (24 de xuño de 2021). "El estadio Ramón de Carranza pasa a llamarse Nuevo Mirandilla". Diario de Cádiz (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2021.