Naisten Liiga 2024-2025

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naisten Liiga 2023-2024
Liga Naisten Liiga
Deporte Hóckey sobre xeo
Liga regular
Play-offs
Naisten Liiga
← 2023–24 2025–26 →

A tempada 2024-2025 da Naisten Liiga será a 42ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.

Movementos na liga[editar | editar a fonte]

Mudanzas nos corpos técnicos[editar | editar a fonte]

Equipo 2023–24 2024–25 Detalles
Pretempada
KalPa Mika Väärälä O día seguinte de que o KalPa conseguira a medalla de bronce na tempada anterior, o equipo informaba de que logo de dous anos á fronte do equipo técnico Mika Väärälä non continuaría como adestrador xefe do KalPa na tempada 2024-25.[1]
RoKi Teemu Koivula Teemu Koivula chegou ao equipo feminino do RoKi na tempada 2023-24 logo de exercer como adestrador dos equipos masculinos U15 e U16 do equipo de Rovaniemi.[2] En marzo Koivula deixou o equipo logo de asinar coas Kärpät de Oulu.[3]
Kärpät Satu Kiipeli Teemu Koivula A tempada 2023-24 o equipo de Oulu viviu moitas mudanzas na dirección do equipo, con tres adestradoras distintas á fronte (Sanna Lankosaari, Saija Tarkki e Satu Kiipeli). As Kärpät acabaron a tempada nos cuartos de final logo de caer nos play-offs contra o HIFK (3-0). En marzo de 2024 anunciouse que Teemu Koivula, de 27 anos, dirixiría o equipo na tempada 2024-25 procedente do RoKi de Rovaniemi.[3]

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Na tempada 2024-25 da Naisten Liiga tomarán parte na competición un total de nove equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, xa que non houbo ascensos nin descensos ao non disputarse a cualificación en 2024 xa que ningún dos equipos interesados en disputala cumpriu cos requisitos da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo.[4] Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (HIKF e K-Espoo), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa.

Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, Kärpät, Lukko e TPS) ou a Mestis (K-Espoo e RoKi).

Nome Cidade Estadio Capacidade Adestrador/a Capitá
Stadin Gimmat
HIFK Naiset
Helsinqui Pirkkolan jäähalli 1 100
HPK Hämeenlinna Metritiski Areena 700
Ilves Tampere Tesoman jäähalli 1 500 Marjo Voutilainen
KalPa Kuopio Olvi Areena 5 224
K-Espoo Espoo Tapiola 2 750
Kärpät Oulu Oulun Energia Areena 6 614 Teemu Koivula
RoKi Rovaniemi Lappi Areena 3 500
Team Kuortane Kuortane Kuortaneen urheiluopiston jäähalli 350
TPS Turku Rajupaja Areena 2 875

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Seppä, Lassi (17 de marzo de 2024). "Mika Väärälä ei jatka KalPan naisten päävalmentajana". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 8 de abril de 2024. 
  2. Seppä, Lassi (3 de xuño de 2023). "Teemu Koivula on RoKin naisten uusi päävalmentaja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 7 de abril de 2024. 
  3. 3,0 3,1 Seppä, Lassi (27 de marzo de 2024). "Teemu Koivula astuu Kärppien naisten päävalmentajan saappaisiin". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 7 de abril de 2025. 
  4. Löfman, Sini (11 de marzo de 2024). "Naisten Liigan karsintoja ei pelata tänä keväänä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de abril de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]