Rexións de Finlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesa maakunta e en sueco andskap. As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación. Ademais, os servizos da sanidade pública adoitan organizarse en base ás rexións. Actualmente a única rexión na que se celebra unha elección popular para o cosello é Kainuu. Outros consellos rexionais son elixidos polos consellos municipais, enviando cada consello municipal representantes en proporción á súa poboación.

Ademais da cooperación intermunicipal, que é responsabilidade dos consellos rexionais, hai 15 Centros de Desenvolvemento Económico, Transporte e Medio Ambiente (en finés: elinkeino-, liikenne- ja ympäristökeskus, abreviado ely-keskus), que é responsable da administración local de traballo, agricultura, pesca, bosques e asuntos empresariais. Cada un deles é responsable dunha ou máis rexións de Finlandia, e inclúe oficinas do Ministerio de Traballo e Economía, Transporte e Comunicacións, e Medio Ambiente. As oficinas das Forzas Armadas Finlandesas son responsables dos preparativos de defensa e da administración do servizo militar obrigatorio na rexión.

Rexións[editar | editar a fonte]


Rexións de Finlandia
(rexións históricas delimitadas en gris)

Escudo Rexión Nome en finés Nome en sueco Fundación Capital Poboación
(31/10/2018)
Superficie
(km²)[1]
Densidade
de poboación
(hab/km²)
(2018)
Åland Ahvenanmaa Åland 1922[2] Mariehamn 29 754 1 553,50 19,2
Carelia do Sur Etelä-Karjala Södra Karelen 1991[3] Lappeenranta 129 048 5 327,04 24,2
Ostrobotnia do Sur Etelä-Pohjanmaa Södra Österbotten 1994[4] Seinäjoki 189 953 13 444,01 14,1
Savonia do Sur Etelä-Savo Södra Savolax 1991[5][a] Mikkeli 145 032 14 257,04 10,2
Kainuu Kainuu Kajanaland 1991[6] Kajaani 73 284 21 500,20 3,6
Tavastia Propia Kanta-Häme Egentliga Tavastland 1991[7][b] Hämeenlinna 171 677 5 198,69 33
Ostrobotnia Central Keski-Pohjanmaa Mellersta Österbotten 1994[8] Kokkola 68 521 5 019,85 13,6
Finlandia Central Keski-Suomi Mellersta Finland 1991[9] Jyväskylä 275 884 16 703,13 16,5
Kymenlaakso Kymenlaakso Kymmenedalen 1993[10] Kouvola 173 816 5 148,87 33,8
Laponia Lappi Lappland 1995[11] Rovaniemi 178 524 92 675,80 1,9
Pirkanmaa Pirkanmaa Birkaland 1991[12] Tampere 515 234 12 586,61 40,9
Ostrobotnia Pohjanmaa Österbotten 1994[13][c] Vaasa 180 873 7 754,13 23,3
Carelia do Norte Pohjois-Karjala Norra Karelen 1993[14] Joensuu 162 485 17 761,07 9,1
Ostrobotnia do Norte Pohjois-Pohjanmaa Norra Österbotten 1993[15] Oulu 412 018 35 513,30 11,2
Savonia do Norte Pohjois-Savo Norra Savolax 1991[16][d] Kuopio 245 995 16 769,62 14,7
Päijänne Tavastia Päijät-Häme Päijänne-Tavastland 1992[17] Lahti 200 751 5 123,73 39,2
Satakunta Satakunta Satakunta Satakunda 1991[18] Pori 218 894 7 820,23 28
Uusimaa Uusimaa Nyland 1993[19] Helsinqui 1 670 713 9 097,62 183,6
Finlandia Propia Varsinais-Suomi Egentliga Finland 1993[20] Turku 479 077 10 664,07 44,9

Antigas rexións[editar | editar a fonte]

Como no caso das federacións provinciais e as asociacións sub-rexionais antes de 1994, prodicíronse pequenas mudanzas dentro das provincias dende 1994, principalmente nos municipios individuais.

Dende 1994, tan só unha rexión desapareceu, cando a rexión de Uusimaa Oriental uniuse á de Uusimaa a principios de 2011.

Escudo Rexión Nome en finés Nome en sueco Fundación Disolución Capital Poboación
(2010)[21]
Superficie
(km², 2010)
Densidade
de poboación
(hab/km²)
Uusimaa Oriental Itä-Uusimaa Östra Nyland 1.3.1998[22][23] 31.12.2010[24] Porvoo 94 174 2 701,84 34,9

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entre 1991 e 1992 Mikkelin läänin liitto, e 1993 e 1996 Mikkelin läänin maakuntayhtymä.
  2. Ata o 28 de febreiro de 1998 Hämeen maakunta.
  3. Ata o 28 de febreiro de 1998 Vaasan rannikkoseutu.
  4. Ata o 28 de febreiro de 1998 Savon maakunta.
Referencias
  1. "SUOMEN PINTA-ALA KUNNITTAIN1.1.2018" (PDF) (en finlandés e sueco). maanmittauslaitos.fi. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  2. "Ahvenanmaa juhlii 90-vuotiasta itsehallintoaan". Yle (en finés). 9 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  3. "Etelä-Karjalan liiton historia" (en finés). Etelä-Karjalan liito. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2018. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  4. "Etelä-Pohjanmaan liitto" (en finés). Finder. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  5. "Yleistietoa maakuntaliitosta" (en finés). Etelä-Savon Maakunaliitto. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  6. "Kainuun maakuntaliiton historian kirjoittaminen" (en finés). kafi.tutka.net. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  7. "Historia" (en finés). Hameen liitto. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  8. "Keski-Pohjanmaan maakunnan historiaa" (en finés). keski-pohjanmaa-kulttuuri.fi. 26 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2018. Consultado o 01 de decembro de 2018. 
  9. "Keski-Suomen liiton historiaa" (en finés). Keski-Suomen liitto. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  10. "Kymenlaakson liitto" (en inglés). Biblioteca Nacional de Finlandia. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  11. "KHO vahvisti: Lapin liitto on laiton". Helsingin Sanomat (en finés). 27 de maio de 1995. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  12. "Koulut ja kaupungistuminen" (en finés). Pirkanmaa. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  13. "LIITON HISTORIA" (en finés). Pohjanmaan liitto. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  14. "Pohjois-Karjalan seutukaavaliitto" (en inglés). Biblioteca Nacional de Finlandia. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  15. Ritva Kylli, Mirja Vehkaperä 2009. Maakunta on matkassamme. Pohjois-Pohjanmaan maakuntaliitto 1931-1993 ja Pohjois-Pohjanmaan seutukaavaliitto 1969-1993. Oulu, Pohjois-Pohjanmaan liitto. ISBN 978-952-5731-08-8
  16. "Tietoa meistä" (en finés). Pohjois-Savon liitto. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  17. "Päijänne Tavastia" (en inglés). Biblioteca Nacional de Finlandia. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  18. "Satakunnan aluesuunnittelun historia" (en finés). Satakunta liitto. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  19. "Maakunta-aatteen vaalijasta laaja-alaiseksi kehittäjäksi" (en finés). Uudenmaan liitto. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  20. "Varsinais-Suomen liitto - Egentliga Finlands förbund" (en finés). asiakastieto.fi/. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  21. "Vuoden 2010 keskiväkiluku vuoden 2010 aluejaolla" (en finés). Tilastokeskus. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  22. "Valtioneuvoston päätös maakunnista (kumottu)" (en finés). Finlex. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2009. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  23. "Maakuntajakolaki" (en finés). Finlex. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  24. "Valtioneuvoston päätös maakunnista" (en finés). Finlex. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019.