Naisten SM-sarja 1985-1986

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naisten SM-sarja 1985-1986
Liga Naisten SM-sarja
Deporte Hóckey sobre xeo
Campión Ilves
Subcampión HJK
Anotador Finlandia Sari Krooks (Sport)
Naisten SM-sarja
← 1984-85 1986-87 →

A tempada 1985-1986 da Naisten SM-sarja foi a cuarta tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.

Ao final da tempada o Ilves de Tampere revalidou o título conseguido na tempada precedente.

Estrutura da tempada[editar | editar a fonte]

A competición xogouse por primeira vez na súa historia nun único grupo e só se disputou unha liga regular, co cal o equipo que finalizou primeiro na liga regular proclamouse campión finlandés.[1]

O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Nome Cidade
EVU Vantaa
Ilves Tampere
Ilves-Kiekko Tampere
HIFK Helsinqui
HJK Helsinqui
SaiPa Lappeenranta
Sport Vaasa
Ässät Pori

Liga regular[editar | editar a fonte]

Ao final da liga regular o Ilves de Tampere proclamouse campión logo de gañar os seus 14 partidos e sumar 28 puntos, mentres que a prata foi para o HJK de Helsinqui (21 puntos) e o bronce para o Sport de Vaasa (19 puntos). O Ilves foi ademais o equipo máis goleador (93 goles a favor) e menos goleado (14 goles en contra). Por contra o SaiPa de Lappeenranta foi o equipo que menos goles anotou (17), e o Ilves-Kiekko de Tampere foi o equipo máis goleado (99). O Ilves conseguiu as maiores goleadas da tempada, rexistrando tres partidos con 10 ou máis goles anotados e máis de 10 goles de diferenza.[2]

Ao final da tempada non houbo ningún descenso, xa que o HJK abandonou a competición, permitindo que o Ilves-Kiekko se mantivera unha tempada máis e as Shakers de Kerava ascenderan á máxima categoría.[2]

Clasificación
Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 Ilves 14 14 0 0 93 14 +79 28
2 HJK 14 9 3 2 50 21 +29 21
3 Sport 14 9 1 4 65 44 +21 19
4 EVU 14 6 3 5 39 24 +15 15
5 HIFK 14 3 4 7 36 40 -4 10
6 SaiPa 14 2 3 9 17 47 -30 7
7 Ässät 14 3 0 11 28 69 -41 6
8 Ilves-Kiekko 14 2 2 10 28 99 -71 6
Resultados
Ilves HJK Sport EVU HIFK SaiPa Ässät Ilves-K
Ilves 4-1 5-1 3-1 6-2 3-0 8-1 13-2
HJK 1-3 4-2 2-2 1-1 5-0 4-0 9-1
Sport 1-5 4-4 3-1 5-3 4-1 6-2 5-6
EVU 0-3 0-1 2-3 2-2 2-0 5-0 7-1
HIFK 2-4 0-2 5-8 0-1 4-0 5-1 1-2
SaiPa 0-7 1-3 0-6 3-3 2-2 1-0 5-3
Ässät 1-14 2-5 5-7 1-3 2-5 3-2 3-0
Ilves-K 1-15 1-8 1-10 2-10 4-4 2-2 2-7

Anotadoras[editar | editar a fonte]

Ao finalizar a liga regular, a xogadora do Sport de Vaasa Sari Krooks foi a máxima puntuadora con 53 puntos (46 goles e 7 asistencias). Krooks foi ademais a máxima goleadora, mentres que Päivi Virta (Ilves) e Eija Sorvari (Sport) foron as máximas asistentes con 14 asistencias cada unha.[2]

Xogadora Equipo  PX  G   A  Pts PIM
Sari Krooks Sport 14 46 7 53 21
Anne Haanpää Ilves 12 19 6 25 4
Päivi Virta Ilves 14 10 14 24 22
Eija Sorvari Sport 14 9 14 23 16
Marianne Ihalainen Ilves 14 13 9 22 6
Jaana Rautavuoma Ilves 13 14 4 18 14
Liisa Karikoski EVU 14 12 4 16 18
Tarja Kujanpää HJK 13 10 6 16 8
Tiia Reima Ilves-Kiekko 14 11 4 15 4
Nina Saarinen Ilves-Kiekko 13 6 7 13 16

Equipo campión[editar | editar a fonte]

O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1986 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]

Campión feminino de Finlandia


Ilves

Porteiras: Kati Ahonen

Patinadoras: Anne Haanpää, Päivi Virta, Marianne Ihalainen, Jaana Rautavuoma, Anne Nurmi, Sari Keisa, Liisa Mäenpää, Minna Nisula, Jaana Peltonen, Leena Pajunen, Minna Katajisto, Leena Majaranta, Satu Huotari, Maarit Virtanen

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 28 de abril de 2023. 
  3. "1986 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de abril de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]