Sanna Lankosaari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSanna Lankosaari
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Kemi, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Altura162 cm Editar o valor em Wikidata
Peso63 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo , adestrador de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Oulun Kärpät Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 1998Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: sanna-lankosaari Editar o valor em Wikidata

Sanna Lankosaari, nada o 20 de agosto de 1978 en Kemi (Finlandia), é unha xogadora de hóckey sobre xeo retirada e adestradora finés. Dende 2022 é a adestradora xefa das Kärpät da Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia.[1] Durante a súa carreira como xogadora xogaba como ala dereita coa selección finlandesa entre 1994 e 2003 e galpou o bronce no torneo olímpico de hóckey sobre xeo feminino durante os Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 celebrados na cidade de Nagano, Xapón.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lankosaari debutou en categoría absoluta coas Kärpät de Oulu na tempada 1994-95 da Naisten SM-sarja, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia e renomeada Naisten Liiga en 2017. Inmediatamente converteuse na segunda máxima puntuadora do equipo con 29 goles e 12 asistencias para un total de 41 puntos en 24 partidos – cunha media de 1,71 puntos por partido e máis dun gol por xogo. Lankosaari continuou xogando coas Kärpät seis tempadas máis, durante as cales foi catro veces a máxima puntuadora do equipo e, na tempada 1998-99, liderou a liga como máxima goleadora e máxima puntuadora.[3]

Antes da tempada 2001–02, logo de ter planeado inicialmente unirse ao Ilves de Tamperee,[4] mudouse finalmente a Helsinqui e fichou polo Itä-Helsingin Kiekko (IHK). Co IHK, uniuse a un equipo que contaba con numerosas compañeiras da selección finlandesa, entre elas a súa antiga compañeira nas Kärpät Katja Riipi. Lankosaari xogou na primeira liña e converteuse na segunda máxima puntuadora do equipo e cuarta da liga con 38 puntos (22+16) en 22 partidos disputados. O IHK enfrontouse ás Espoo Blues nas finais da Naisten SM-sarja de 2002 e, a pesar de que o seu equipo perdeu, a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo nomeou a Lankosaari MVP dos playoffs.[3]

En 2002 trasladouse a Suíza para xogar no SC Reinach da Leistungsklasse A (LKA; renomeada SWHL A en 2014 e Women's League en 2019). Logo de dúas tempadas no Reinach fichou polo DSC Oberthurgau, no que xogou a tempada 2004-05. Retirouse oficialmente na primavera de 2005 aos 26 anos.[5]

Lankosaari volveu ás pistas en 2009, uníndose ao HPK de Hämeenlinna na Naisten SM-sarja.[5] Xogou durante tres tempadas no HPK, co que gañou o campionato finlandés na tempada 2010-11 como parte do equipo que recibiu a Aurora Borealis Malja por primeira vez.[6] Co equipo de Hämeenlinna gañou tamén a medalla de bronce na tempada 2011-12 da IIHF European Women's Champions Cup e foi seleccionada para o equipo das estrelas do torneo.[7][8]

Selección finlandesa[editar | editar a fonte]

Lankosaari formou parte da selección finlandesa entre 1994 e 2003. O primeiro torneo internacional importante no que participou foi o Campionato de Europa de 1996, no que rexitrou 8 puntos (7+1) en cinco partidos, liderando o seu equipo e clasificándose na segunda posición da táboa de anotadoras, e sendo seleccionada para o equipo das estrelas.[9]

A súa primeira participación nun Campionato do Mundo tivo lugar en 1997, cando Finlandia gañou o bronce.[10]

Lankosaari foi seleccionada para representar a Finlandia no primeiro torneo olímpico feminino nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 celebrado en Nagano (Xapón). Aos 18 anos e cinco meses converteuse na segunda xogadora máis nova en ser seleccionada para o equipo – só superada pola súa compañeira de equipo de 16 anos e xogadora máis nova do torneo Emma Laaksonen – e uniuse á súa compañeira de equipo Katja Riipi como unha das dúas xogadoras do equipo nadas en Laponia. En 2022 era unha das únicas tres xogadoras de hóckey sobre xeo nadas en Laponia que representou a Finlandia nos Xogos Olímpicos, xunto con Riipi e Sini Karjalainen.[11] Lankosaari xogou cinco dos seis partidos, rexistrando un gol e unha asistencia fronte ao Xapón na rolda preliminar e anotando o terceiro gol na vitoria por 4-1 de Finlandia fronte a China no partido pola medalla de bronce.[12][13]

As súas contribucións anotadoras continuaron no Campionato do Mundo de 1999, no que rexistrou tres goles e 2 asistencias para 5 puntos noutros tantos partidos para contribuír ao terceiro bronce mundial de Finlandia. No Campionato do Mundo de 2000, o seu derradeiro gran torneo coa selección do seu país, asinou 4 asistencias en cinco encontros e culminou a súa carreira internacional coa terceira medalla de bronce no Campionato do Mundo.[10]

Carreira como adestradora[editar | editar a fonte]

Lankosaari comezou a adestrar na tempada 2018-19, exercendo como adestradora asistente nas Blues de Espoo da Naisten Liiga antes de marchar ás Kärpät de Oulu como adestradora asistente de Mira Kuisma. Posteriormente continuou como adestradora asistente de Janne Salmela durante as tempadass 2019–20 e 2020–21, e Samuli Hassi durante a 2021–22.[14] En maio de 2022 ascendeu ao posto de adetradora xefa das Kärpät logo da marcha de Hassi ao equipo sub-18 masculino do Sport.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Juopperi, Hanna (4 de maio de 2022). "Sanna Lankosaaresta tulee Oulun Kärppien naisten liigajoukkueen uusi päävalmentaja". Yle Uutiset (en finés). Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  2. "Finland Ice Hockey at the 1998 Nagano Winter Games" (en inglés). sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Suomen Jääkiekkoliitto; Jääkiekkon SM-liiga Oy (2020). Aaltonen, Juha, ed. Jääkiekkokirja 2021: Suomen Jääkiekkoliiton ja Liiga Kausijulkaisu 2020–2021. Jääkiekkokirja (en finés) (Helsinqui: Uusi Suomi/Kiekkolehti). pp. 237, 342–344, 513, 527. ISSN 0784-3321. Consultado o 30 de setembro de 2023 – vía hina.fi. 
  4. "Lankosaari siirtyy Kärpistä Ilvekseen". Kaleva (en finés). 30 de maio de 2001. Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 "Arvokisamitalisti Lankosaari palaa kaukaloon". Yle Urheilu (en finés). 25 de agosto de 2009. Consultado o 1 de outubro de 2023. 
  6. "HPK juhlii naisten kiekkomestaruutta". Keskisuomalainen (en finés). 30 de marzo de 2011. Consultado o 1 de outubro de 2023. 
  7. Honkanen, Pasi (27 de febreiro de 2012). "Tornado EM-voittoon". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 1 de outubro de 2023. 
  8. "HPK jäi kolmanneksi jääkiekon EM-turnauksessa". MTV Uutiset (en finés). 26 de febreiro de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2023. 
  9. Biller, Philippe. "Championnats d'Europe féminins 1996 de hockey sur glace" (en francés). HockeyArchives.info. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  10. 10,0 10,1 Podnieks, Andrew; Nordmark, Birger, eds. (2019). "Retired Skaters, Women". IIHF Guide & Record Book 2020. Toronto: Moydart. p. 675. ISBN 9780986796470. 
  11. Pyykkö, Kari (16 de febreiro de 2022). "Sini Karjalaisesta kolmas lappilainen jääkiekon olympiamitalisti". Lapin Kansa (en finés). Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  12. "Sanna Lankosaari" (en inglés). sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2016. Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  13. "Winter Olympic Games 1998 Nagano" (en inglés). SFRP's Hockey Archive. Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  14. "Samuli Hassi RoKistä Kärppien liiganaisten luotsiksi". Lapin Kansa (en finés). 9 de abril de 2021. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  15. Juopperi, Hanna (4 de maio de 2022). "Sanna Lankosaaresta tulee Oulun Kärppien naisten liigajoukkueen uusi päävalmentaja". Yle Uutiset (en finés). Consultado o 2 de outubro de 2023.