Naisten SM-sarja 1988-1989

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naisten SM-sarja 1988-1989
Liga Naisten SM-sarja
Deporte Hóckey sobre xeo
Campión EVU Ilves
Subcampión Ilves
Anotador Finlandia Liisa Karikoski (EVU)
Naisten SM-sarja
← 1986-87 1989-90 →

A tempada 1988-1989 da Naisten SM-sarja foi a sétima tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.

Ao final da tempada o EVU de Vaasa conseguiu o primeiro título da súa historia.

Estrutura da tempada[editar | editar a fonte]

A competición xogouse nun único grupo e só se disputou unha liga regular, se ben se xogou un partido de desempate entre os dous primeiros clasificados da liga regular ao remataren co mesmo número de puntos.[1] O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Nome Cidade
EVU Vantaa
Ilves Tampere
Ilves-Kiekko Tampere
HIFK Helsinqui
Shakers Kerava
SaiPa Lappeenranta
Sport Vaasa
Ässät Pori

Liga regular[editar | editar a fonte]

Ao final da liga regular o Ilves de Tampere finalizou na primeira posición con 25 puntos logo de gañar 11 partidos e empatar tres. O EVU de Vantaa finalizou co mesmo número de puntos logo de sumar 12 vitorias, un empate e unha vitoria. O Ilves foi o equipo máis goleador con 106 goles a favor, metres que o EVU foi o menos goleado logo de encaixar tan só 11 goles. Por contra as xogadoras do Sport de Vaasa foron o equipo que máis goleado (129) e o que menos goles anotou (26). O Ilves protagonizou unha vez máis as maiores goleadas, como o 24-0 e o 0-19 fronte o Sport.[2]

Ao final da tempada as Ilves-Kiekko finalizaron na última posición e tiveron que xogarse a permanencia fronte as Tiikerit de Hämeenlinna.[2]

Clasificación
Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 Ilves 14 11 3 0 106 18 +88 25
2 EVU 14 12 1 1 79 11 +68 25
3 HIFK 14 8 2 4 53 33 +20 18
6 Ässät 14 6 3 5 46 41 +5 15
5 Shakers 14 4 4 6 41 44 -3 12
7 SaiPa 14 5 0 9 39 56 -17 10
4 Sport 14 2 0 12 26 129 -103 4
8 Ilves-Kiekko 14 1 1 12 30 88 -58 3
Resultados
Ilves EVU HIFK Ässät Shakers SaiPa Sport Ilves-Kiekko
Ilves 2-2 5-4 5-0 1-0 7-1 24-0 6-1
EVU 1-3 4-0 5-0 6-0 5-0 5-0 10-0
HIFK 2-2 0-2 3-1 3-2 4-2 9-0 9-2
Ässät 4-4 2-9 4-3 3-3 5-0 10-2 8-1
Shakers 2-7 1-6 3-3 1-1 4-2 6-5 2-1
SaiPa 1-8 1-3 3-6 1-4 4-3 7-0 7-3
Sport 0-19 1-7 3-5 2-1 0-12 3-8 5-1
Ilves-Kiekko 0-13 1-14 0-2 2-3 2-2 1-2 15-5

Anotadoras[editar | editar a fonte]

Ao finalizar a liga regular, a xogadora do EVU de Vantaa Liisa Karikoski foi a máxima puntuadora con 33 puntos (21 goles e 12 asistencias). A máxima goleadora, con todo, foi Arja Kaunola do IFK de Helsinqui, mentres que Minna Nisula do Ilves) foi a máxima asistente con 13 asistencias.[2]

Xogadora Equipo  PX  G   A  Pts PIM
Liisa Karikoski EVU 13 21 12 33 6
Marianne Ihalainen Ilves 14 19 11 30 8
Anne Haanpää Ilves 14 19 11 30 10
Tiina Pihala Ässät 14 16 13 29 8
Tiia Reima Ilves 14 20 8 28 14
Riikka Nieminen EVU 6 19 7 26 2
Kirsi Rasa SaiPa 14 13 12 25 4
Jaana Peltonen Ilves 14 15 8 23 2
Katri Javanainen Ässät 14 11 12 23 24
Arja Kaunola HIFK 14 25 7 22 2

Series pola permanencia[editar | editar a fonte]

Logo das series pola permanencia, as xogadoras do Ilves-Kiekko mantiveron a categoría, mais as Tiikerit ascenderon á máxima categoría logo de que o Sport decidira abandonar a competición.[2]

Ilves-K – Tiikerit
Ilves-K Tiikerit 6–7
Tiikerit Ilves-K 1–5
Ilves-K Tiikerit 5–4
Ilves-Kiekko gaña a serie 2-1.

Desempate[editar | editar a fonte]

Ao empatar a puntos os dous primeiros clasificados (Ilves e EVU) xogouse un partido de desempate que se decidiu na prórroga a favor do equipo de Vantaa.[2][1]

Ilves 3 - 4
(0–0, 3–1, 0–2
OT1: 0–0
OT2: 0–1)
EVU

Equipo campión[editar | editar a fonte]

O equipo do EVU que conquistou o campionato finlandés feminino en 1989 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]

Campión feminino de Finlandia


EVU

Porteiras: Leila Tuomiranta, Soina Polvinen

Patinadoras: Liisa Karikoski, Riikka Nieminen, Tuija Kohonen, Kristiina Suninen, Maarit Rautiainen, Kirsi Koskela, Peppi Luomajoki, Marianne Sulen, Soile Ojala, Taru Partio, Terttu Ranta, Mervi Jakonen, Nina Honkanen, Tuula Keronen, Tarja Kujanpää

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 28 de abril de 2023. 
  3. "1988 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de abril de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]