Saltar ao contido

Finlandia Propia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFinlandia Propia
Varsinais-Suomi (fi)
Egentliga Finland (sv) Editar o valor en Wikidata

HimnoQ5484442 Traducir (1915) Editar o valor en Wikidata

Símbolo oficialRaposo común (animais)
Coloeus monedula (ave)
Pyhäjärvi (lago)
Clupea harengus membras (peixe)
Carballo común (planta)
Granito (rocha) Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°30′N 22°45′L / 60.5, 22.75
EstadoFinlandia Editar o valor en Wikidata
CapitalTurku Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación497.800 (2025) Editar o valor en Wikidata (45,62 hab./km²)
Xeografía
Superficie10.912,22 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1 de xaneiro de 1994 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FI-19 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFI1C1 Editar o valor en Wikidata

Sitio webvarsinais-suomi.fi Editar o valor en Wikidata
Facebook: Varsinaissuomenliitto Twitter: VSliitto LinkedIn: regional-council-of-southwest-finland Editar o valor en Wikidata

Finlandia Propia (en finés: Varsinais-Suomi; en sueco: Egentliga Finland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao oeste do país, na provincia histórica de Finlandia Propia e na actual provincia de Finlandia Occidental. A súa capital é Turku, sendo tamén a cidade máis poboada da rexión, residindo na súa aglomeración e arredores dous terzos da poboación total da rexión.

Finlandia Propia limita ao norte coas rexións de Satakunta e Pirkanmaa, ao leste coa de Tavastia Propia, e ao sur coa de Uusimaa.

A rexión é a 3ª máis poboada, e a 10ª máis extensa do país.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A rexión está situada na unión do Golfo de Finlandia e o Golfo de Botnia. O interior da rexión, unha meseta pouco elevada (100 m de altitude) onde nacen varios ríos de mediana importancia (sendo os máis importantes o Paimionjoki e o Aurajoki) que descenden cara ao mar en dirección nordeste suroeste, está pouco poboado. Os outeiros son pouco elevados (máximo de 159 m en Somero) mais o relevo é, porén, aparente, contrastando coas zonas máis chas de Ostrobotnia ou Satakunta. A zona costeira e os vales principais están moi poboados, estando nestas zonas as principais cidades, Salo, Paimio, Uusikaupunki e a capital, Turku. A zona suroeste está formada polo Arquipélago finlandés, ofrecendo a vista dunha das costas máis recortadas do mundo, con milleiros de illas, globalmente pouco poboadas, excepto no verán, debido ao gran número de residencias secundarias construídas no arquipélago.

Concellos

[editar | editar a fonte]
Mapa da rexión. As subrexións aparecen coas seguintes cores: o verde é Vakka-Suomea, o azul é Turku, o amarelo é Loimaa, o vermello é Salo, e o laranxa é Turunmaa - Åboland. Os concellos escuros son cidades.
Vista da cidade de Turku, a capital da rexión e a cidade máis grande.
Vista da illa de Utö, integrada dentro da municipalidade de Parainen.

A rexión de Finlandia Propia consta de 27 concellos, do cal 11 son considerados cidades.

Nome Escudo Tipo de
poboación
Poboación [cando?] Superficie Densidade de
poboación [cando?]
Subrexión Fundación
Turku
Capital da rexión178.564306,36 km²726,87 hab/km²Turku1229
Salo
cidade55.1842.168,31 km²27,78 hab/km²Salo1887
Kaarina
cidade31.158179,50 km²207,25 hab/km²Turku1869
Raisio
cidade24.60250,06 km²504,55 hab/km²Turku1292
Naantali
cidade18.877687,98 km²60,60 hab/km²Turku1443
Loimaa
cidade16.849851,93 km²19,87 hab/km²Loimaa1921
Uusikaupunki
cidade15.6161.932,64 km²31,08 hab/km²Vakka-Suomi1617
Lieto
concello16.803200,17 km²84,65 hab/km²Turku1331
Parainen
cidade15 5495.548,24 km²17,63 hab/km²Turunmaa - Åboland2009
Paimio
cidade10.517242,25 km²44,12 hab/km²Turku1997
Somero
cidade9.264697,68 km²13,87 hab/km²Salo1867
Masku
concello9.641204,13 km²55,12 hab/km²Turku-
Laitila
cidade8.461545,33 km²15,91 hab/km²Vakka-Suomi1868
Pöytyä
concello8.523773,69 km²11,36 hab/km²Loimaa-
Mynämäki
concello8.012536,09 km²15,42 hab/km²Turku-
Kemiönsaari
concello7.1582.800,87 km²10,42 hab/km²Turunmaa - Åboland2009
Rusko
concello5.874127,90 km²46,21 hab/km²Turku-
Nousiainen
concello4.821199,43 km²24,25 hab/km²Turku1867
Aura
concello3.97195,57 km²41,80 hab/km²Loimaa1917
Sauvo
concello3.047299,68 km²12,07 hab/km²Turku-
Koski Tl
concello2.453192,42 km²12,81 hab/km²Loimaa1869
Vehmaa
concello2.355202,09 km²12,48 hab/km²Vakka-Suomi1869
Pyhäranta
concello2.187291,75 km²15,27 hab/km²Vakka-Suomi-
Marttila
concello2.000195,99 km²10,24 hab/km²Loimaa1409
Taivassalo
concello1.676217,71 km²11,94 hab/km²Vakka-Suomi1155
Oripää
concello1.427117,73 km²12,13 hab/km²Loimaa-
Kustavi
concello886769,88 km²5,35 hab/km²Vakka-Suomi1874

Antigos concellos[1]

[editar | editar a fonte]
  1. Lakkautetut kunnat aakkosjärjestyksessä[Ligazón morta], 71–78. ISBN 978-952-244-368-7 (pdf) Kunnat ja kuntapohjaiset aluejaot 2012

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]