Marjo Voutilainen
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1981 (43 anos) Kuopio, Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 168 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
febreiro de 2010 | Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
febreiro de 2002 | Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 |
Marjo Voutilainen, nada en Kuopio o 22 de marzo de 1981, é unha ex xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo que xogaba como dianteira.[1] Logo de deixar a práctica do hóckey iniciou a súa carreira como adestradora, primeiro en KalPa dende o 5 de maio de 2022 en Ilves, ambos na Naisten Liiga, a máxima competición do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia.[2][3]
Voutilainen representou o club no que se formou, KalPa na SM-sarja entre 1995 e 1997, na 1. divisioona na tempada 1997–98, e de novo na SM-sarja entre 1998 e 2001. Continuou a súa carreira na máxima categoría nas filas do Itä-Helsingin Kiekko (IHK) entre 2001 e 2004, e en Espoo Blues dende 2004 a 2008.[2] Cos Blues gañou o campionato finlandés en tres ocasións: 2005, 2007 e 2008.[4]. Durante a tempada 2008–09 xogou no SKIF Nizhny Novgorod da liga rusa, e marcou o gol decisivo para que o equipo gañara a Copa de Europa fronte a Espoo Blues.[5] Volveu aos Blues na tempada 2009–10, e a KalPa entre 2010 e 2014, para finalmente unirse a JYP en 2014 ata a súa retirada en 2016.[2] Na tempada 2016-17 comezou como adestradora de KalPa.[4]
Voutilainen xogou un total de 367 partidos de liga regular na SM-sarja nos que sumou 176 goles e 279 asistencias. Nos play-offs disputou 82 partidos nos que anotou 23 goles e repartiu 49 asistencias.[2]
Voutilainen xogou os seus primeiros partidos internacionais A na tempada 1996–97.[2] Foi membro da selección finlandesa, que finalizou na cuarta posición no Campionato do Mundo de 2001 celebrado en Minneapolis e nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 celebrados en Salt Lake City. A seguinte vez que xogou un campionato internacional co seu país foi no Campionato do Mundo de 2008 disputado en Harbin e no que Finlandia gañou o bronce. Tamén foi membro dos equipos que gañaron o bronce no Campionato do Mundo de 2009 en Hämeenlinna e nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 celebrados en Vancouver.[2] Do mesmo xeito, formou parte do combinado finlandés que finalizou na cuarta posición o Campionato do Mundo de 2013 en Otava.[1][6] A derradeira vez que xogou un partido internacional foi na tempada 2013–14[2].
Voutilainen xogou un total des 145 partidos internacionais nos que marcou 20 goles e sumou 48 asistencias. Nos Xogos Olímpicos sumou un gol e unha asistencia en dez encontros disputados. Nos Campionatos do Mundo marcou dous goles e deu cinco asistencias nos 21 partidos que xogou.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Marjo Voutilainen" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 20 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Marjo Voutilainen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 20 de agosto de 2022.
- ↑ Ruotsalainen, Annu (5 de maio de 2022). "Ilves Naisille uusi päävalmentaja – Marjo Voutilainen siirtyy Kuopiosta Tampereelle". Jatkoaika (en finés). Consultado o 7 de maio de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "Naisten SM-sarjassa KalPalla vahva startti Voutilaisen alaisuudessa - ”Muikea aloitus”" (en finés). leijonat.fi. 21 de setembro de 2016. [Ligazón morta]
- ↑ Comité Olímpico Finlandés (ed.). "Jääkiekko, naiset" (en finés). noc.fi. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de agosto de 2022.
- ↑ "Bronze medal" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 21 de agosto de 2022.
- Nados en 1981
- Nados en Kuopio
- Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos de Finlandia
- Xogadoras de KalPa Naiset
- Xogadoras do IHK
- Xogadoras de Espoo Blues Naiset
- Xogadoras de JYP Naiset
- Adestradoras e adestradores de KalPa Naiset
- Adestradoras e adestradores do Ilves Naiset
- Gañadoras e gañadores do Trofeo Hannu Saintula