Naisten SM-sarja 1990-1991

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naisten SM-sarja 1990-1991
Liga Naisten SM-sarja
Deporte Hóckey sobre xeo
Campión Ilves
Subcampión Shakers
Anotador Finlandia Johanna Ikonen (Shakers)
Naisten SM-sarja
← 1989-90 1991-92 →

A tempada 1990-1991 da Naisten SM-sarja foi a novena tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de sete equipos tomaron parte na competición. Por segundo ano consecutivo o título decidiuse mediante os play-offs, que constaron de semifinais e finais.

Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o sexto título da súa historia.

Estrutura da tempada[editar | editar a fonte]

A competición constou dunha liga regular a dobre volta na que cada equipo disputou un total de 12 encontros.[1][2] O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.

Os catro mellores equipos da liga regular clasificáronse para as semifinais, que se xogaron en series ao mellor de tres encontros, os gañadores de cada unha das dúas series disputaron as finais, tamén ao mellor de tres encontros, mentres que os outros dous equipos xogaron un partido para decidir a medalla de bronce do campionato finés.[1][2]

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Na tempada 1990-91 participaron un total de sete logo, o mesmo número que na tempada precedente a pesar das renuncias do EVU de Vantaa, e o Ilves-Kiekko de Tampere, ademais do descenso das Tiikerit de Hämeenlinna fronte o TPS. As outras dúas prazas foron ocupadas polo EKS de Espoo (campión da I-divisioona na tempada precedente) e o KalPa

Nome Cidade
EKS Espoo
Ilves Tampere
KalPa Kuopio
SaiPa Lappeenranta
Shakers Kerava
TPS Turku
Ässät Pori

Liga regular[editar | editar a fonte]

Ao final da liga regular o Ilves de Tampere finalizou na primeira posición con 24 puntos logo de gañar todos os seus partidos. O equipo de Tampere foi tamén o máis goleador con 87 goles a favor e o menos goleado logo de encaixar tan só 12 goles. Por contra o KalPa de Kuopio foi o equipo que máis goles encaixou (61) e o que menos goles anotou (9).[2]

Ao final da tempada as xogadoras do KalPa e do SaiPa finalizaron nas últimas posición e tiveron que xogar un partido pola permanencia.[2]

Clasificación
Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 Ilves 12 12 0 0 87 12 +75 24
2 Shakers 12 10 0 2 81 13 +68 20
3 EKS 12 7 1 4 29 27 +2 15
4 Ässät 12 5 2 5 36 53 -17 12
5 TPS 12 1 3 8 11 45 -34 5
6 SaiPa 12 2 0 10 11 53 -42 4
7 KalPa 12 1 2 9 9 61 -52 4
Resultados
Ilves Shakers EKS Ässät TPS SaiPa KalPa
Ilves 4-2 2-0 8-3 6-1 7-0 14-0
Shakers 2-3 4-3 7-2 6-0 13-0 7-0
EKS 2-11 0-3 1-1 2-0 2-0 4-2
Ässät 2-9 1-13 4-5 3-2 2-1 3-2
TPS 0-10 0-5 0-5 2-2 2-1 1-1
SaiPa 0-6 0-11 0-2 2-4 3-2 4-1
KalPa 0-7 0-8 0-3 1-9 1-1 1-0

Líderes de anotación[editar | editar a fonte]

A xogadora do Ilves Marianne Ihalainen foi a máxima puntuadora da liga regular, rexistrando 33 puntos en 12 partidos. Ihalainen foi a máxima goleadora con 21 goles, así como a líder en asistencias con 12. Katri Javanainen, do Ässät, pola súa banda foi a xogadora máis penalizada cun total de 34 minutos de penalización.[1][2]

Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Johanna Ikonen Shakers 12 20 8 28 6
2 Marianne Ihalainen Ilves 12 14 9 23 6
3 Päivi Virta Shakers 11 7 15 22 10
4 Katri Javanainen Ässät 12 11 9 20 28
5 Tiia Reima Ilves 11 15 4 19 12
6 Sari Fisk Ässät 12 9 10 19 4
7 Tiina Pihala Ilves 12 7 12 19 10

Play-offs[editar | editar a fonte]

  Semifinais Final
             
  1 - Ilves 2  
  4 - Ässät 0  
 
      1 - Ilves 0
    2 - Shakers 2
 
 
Terceiro e cuarto posto
  2 - Shakers 2   3 - EKS   1
  3 - EKS 0     4 - Ässät   0


Semifinais[editar | editar a fonte]

Ilves (1) vs Ässät (4)[editar | editar a fonte]

Ilves-K – Tiikerit
Ilves Ässät 7–0
Ässät Ilves 2–4
O Ilves gaña a serie 2-0.

Shakers (2) vs EKS (3)[editar | editar a fonte]

Ilves-K – Tiikerit
Shakers EKS 2–1
EKS Shakers 1–3
As Shakers gañan a serie 2-0.

Partido polo bronce[editar | editar a fonte]

EKS 3 - 0
(1-0, 2-0, 0-0)
Ässät

Finais[editar | editar a fonte]

Ilves-K – Tiikerit
Ilves Shakers 4–2
Shakers Ilves 3–4 (OT)
O Ilves gaña as finais 2-0.

Estatísticas das series[editar | editar a fonte]

Xogadoras
Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Marianne Ihalainen Ilves 4 6 2 8 2
2 Tiia Reima Ilves 4 6 1 7 6
3 Anne Nurmi Ilves 4 3 2 5  5

Equipo campión[editar | editar a fonte]

O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1991 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]

Campión feminino de Finlandia


Ilves

Porteiras: Katri Ahvenjärvi, Liisa-Maria Sneck

Patinadoras: Marianne Ihalainen, Tiia Reima, Tiina Pihala, Anne Nurmi, Marika Lehtimäki, Anne Haanpää, Tarja Mäkelä, Kirsi Hirvonen, Sari Kustila, Sari Saha, Tiina Koivumäki, Jenni Leinonen, Sari Salmela, Maarit Rastas, Katariina Surakka, Miia Lehtimäki, Sari Suoniemi, Marika Heinonen, Anne Kalava

Series pola permanencia[editar | editar a fonte]

Os dous últimos clasificados da liga regular, SaiPa e KalPa, ambos con catro puntos no seu casilleiro xogaron un partido de desempate para decidir o equipo que se xogaría a permanencia. Finalmente a vitoria caeu do lado do equipo de Lappeenranta, obrigando ás xogadoras do KalPa a xogar a serie de permanencia.

SaiPa 3 - 1
(2-0, 1-0, 0-1)
KalPa
Ilves-K – Tiikerit
JoKP KalPa 2–3 (OT)
KalPa JoKP 2–3
KalPa JoKP 4–3
O KalPa gaña a serie 2-1.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  3. "1991 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de abril de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]