Ostrobotnia do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ostrobotnia do Sur
Etelä-Pohjanmaa (en finés)
Södra Österbotten (en sueco)
Bandeira
Escudo
Bandeira Escudo
Finland regions Etelä-Pohjanmaa.png
Estado Finlandia Finlandia
Capital Seinäjoki
 • Poboación 58.985 (2012)
Lingua oficial As dúas
Forma de goberno Rexión de Finlandia
Provincia histórica Ostrobotnia
 • Total 13.998,90 km²
Fronteiras n/d km
Costas n/d km
 • Total 193.735 (2012) hab.
 • Densidade 14,41 hab./km²
Xentilicio n/d
Fuso horario UTC+2
 • Horario de verán UTC+3
Dominio de Internet .fi
Código ISO 194

Ostrobotnia do Sur (en finlandés Etelä-Pohjanmaa e en sueco Södra Österbotten) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao oeste do país, na provincia histórica de Ostrobotnia e na actual provincia de Finlandia Occidental. A súa capital e cidade máis poboada é Seinäjoki.

A rexión é a décima máis poboada e máis extensa do país.

Un dos maiores festivais de rock de Finlandia, o Provinssirock, así como o máis antigo festival de tango finés do mundo, o Tangomarkkinat, celébranse na cidade de Seinäjoki.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A rexión é a máis cha de Finlandia, en gran parte agrícola. O río máis importante é o Kyrönjoki. Os seus relevos máis significativos están ligados á morrena de Suomenselkä, que marca a fronteira sur e leste da rexión.

Ostrobotnia do Sur limita ao norte coa rexión de Ostrobotnia Central, ao leste con Finlandia Central, ao oeste coas de Ostrobotnia e Pirkanmaa, e ao sur coa rexión de Satakunta.

Historia[editar | editar a fonte]

Esta rexión correspóndese á parte meridional densamente poboada da provincia histórica de Ostrobotnia, a continuación, logo da división de 1775 coa provincia de Oulu na franxa sueste do Vaasan Lääni.

A industria tivo na rexión un desenvolvemento marxinal e tardío. A rexión experimentou un importante éxodo rural, mais as terras máis fértiles das provincias orientais que permitían a subsistencia mantiveron unha gran poboación de agricultores ata a actualidade.

Concellos[editar | editar a fonte]

Localización dos concellos de Ostrobotnia do Sur.

Ostrobotnia do Norte consta de dezanove concellos, dos cales oito son considerados cidades (en letra grosa):

Antigos concellos[editar | editar a fonte]

Subrexións[editar | editar a fonte]

Ostrobotnia do Sur divídese en catro subrexións:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]