Kuortaneen jäähalli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kuortaneen jäähalli
Datos
LocalizaciónKuortane, Finlandia Finlandia
Estadio
Capacidade350 persoas
LocalíaTeam Kuortane

O Kuortaneen jäähalli é un pavillón de xeo do municipio de Kuortane (Finlandia). Foi construído en 1998 e ten capacidade para 350 persoas sentadas.[1] Nel xoga os seus partidos como local o equipo de hóckey sobre xeo Team Kuortane da Naisten Liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.[2]

A pista ten unhas medidas de 28x57 metros e stá situada nas proximidades do edificio principal do Kuortaneen urheiluopisto.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kuortaneen jäähalli" (en finés). Sport Venue Oy. Consultado o 4 de decembro de 2022. 
  2. "Jääkiekon naisten SM-sarjassa mielenkiintoinen tulokas". mtv3.fi (en finés). 10 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 4 de decembro de 2022. 
  3. "Jäähalli" (en finés). kuortane.com. Consultado o 4 de decembro de 2022.