JYP Naiset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
JYP Naiset
Fundación1996 (como Jyväskylän Hockey Cats)
Cidade Jyväskylä,
Finlandia Central
Finlandia Finlandia
LigaNaisten Mestis
Campionatos3 (Naisten Liiga)
CoresNegro, vermello e branco
                 
Na rede
https://www.jypjuniorit.fi/joukkueet/4870
Facebook: JYPnnaiset Instagram: jypnaiset_ Editar o valor em Wikidata

O Jyväskylän palloilijat Naiset, máis coñecido como JYP Naiset, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Jyväskylä (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Mestis, segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. O equipo proclamouse campión da máxima categoría, a Naisten Liiga en tres ocasións (1997, 1998 e 2016).

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo feminino de JYP formouse inicialmente co nome de Hockey Cats.[1] JYP Naiset gañou a Naisten SM-sarja por primeira vez na tempada 1996-97, revalidándo na tempada seguinte,[2] e conseguiu o seu derradeiro campionato nacional na tempada 2015-16. Do mesmo xeito, consegiu a medalla de prata nos anos 1999, 2013,[2] 2014 e 2015.[3] Varias xogadoras de JYP Naiset teñen conseguido medallas coa selección nacional de Finlandia, como Meeri Räisänen, Jenni Hiirikoski, Rosa Lindstedt, Saila Saari e Riikka Välilä, que conseguiron a medalla de bronce no campionato do mundo de 2015.[4] En 2017 JYP Naiset non puido confeccionar un equipo por falta de xogadoras. Varias xogadoras do equipo marcharon a Suecia a xogar no campionato sueco, e o lugar que deixou foi ocupado por Lukko Naiset, que gañara a Naisten Mestis. Na tempada 2020-21 JYP Naiset regresou á Naisten Liiga, xogando nas series inferiores durante a segunda metade da competición.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "JYP Naiset on meille kuin toinen perhe”" (en finés). JYP Jyväskylä Oy. 20 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Naisten SM-sarjan mitalijoukkueet 1983->" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2021. 
  3. "Naisten Suomen mestari 2015 - Espoo Blues!" (en finés). leijonat.fi. 11 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2021. 
  4. Mennander, Pasi (4 de abril de 2015). "Tämä joukkue palautti Naisleijonat mitalikantaan arvokisoissa!" (en finés). leijonat.fi. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2021. 
  5. "2020–21 Naisten Liiga, alempi jatkosarja – Sarjataulukko" (XLS) (en finés). leijonat.fi. Consultado o 29 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]