Saltar ao contido

Naisten SM-sarja 1989-1990

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naisten SM-sarja 1989-1990
LigaNaisten SM-sarja
DeporteHóckey sobre xeo
Liga regular
Anotador Finlandia Marianne Ihalainen (Ilves)
Play-offs
Campión Ilves
Subcampión EVU
Semifinais SaiPa
Naisten SM-sarja
 1988–89 1990–91 

A tempada 1989-1990 da Naisten SM-sarja foi a oitava tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de sete equipos tomaron parte na competición. Por primeira vez na historia da liga introducíronse os play-offs polo título, que constaron de semifinai e finais.

Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o quinto título da súa historia.

Estrutura da tempada

[editar | editar a fonte]

A competición constou dunha liga regular a dobre volta na que cada equipo disputou un total de 12 encontros, e foron introducidos os play-offs polo título, que constaron de semifinai e finais, ademais dun partido pola medalla de bronce.[1][2] O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.

Os catro mellores equipos da liga regular clasificáronse para as semifinais, que se xogaron en series ao mellor de tres encontros, os gañadores de cada unha das dúas series disputaron as finais, tamén ao mellor de tres encontros, mentres que os outros dous equipos xogaron un partido para decidir a medalla de bronce do campionato finés.[1][2]

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1989-90 o número de equipos da liga reduciuse a sete logo das renuncias do Sport de Vaasa, que foi substituído polas Tiikerit de Hämeenlinna, e o IFK de Helsinqui.

Nome Cidade
EVU Vantaa
Ilves Tampere
Ilves-Kiekko Tampere
SaiPa Lappeenranta
Shakers Kerava
Tiikerit Hämeenlinna
Ässät Pori

Liga regular

[editar | editar a fonte]

Ao final da liga regular o EVU de Vantaa finalizou na primeira posición con 21 puntos logo de gañar 10 partidos, empatar un e perder outro. O Ilves foi o equipo máis goleador con 105 goles a favor, metres que o EVU foi o menos goleado logo de encaixar tan só 10 goles. Por contra as Tiikerit de Hämeenlinna foron o equipo que máis goleado (104) e o que menos goles anotou (6). O Ilves protagonizou unha vez máis as maiores goleadas, como o 16-0 e o 0-14 fronte ás Tiikerit.[2]

Ao final da tempada as Tiikerit finalizaron na última posición e tiveron que xogarse a permanencia fronte as TPS de Turku.[2]

Clasificación
Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 EVU 1210115510+4521
2 Ilves 12100210512+9320
3 Shakers 128224431+1318
4 SaiPa 126153748-1113
5 Ässät 124082644-188
6 Ilves-Kiekko 1220102145-244
7 Tiikerit 1200126104-980
Resultados
EVU Ilves Shakers SaiPa Ässät Ilves-K Tiikerit
EVU 1-03-05-23-08-08-0
Ilves 6-02-311-210-16-216-0
Shakers 2-20-104-25-14-27-1
SaiPa 0-62-144-44-04-14-0
Ässät 0-41-63-51-23-29-1
Ilves-K 0-40-100-11-21-210-0
Tiikerit 0-110-141-91-91-51-2

Líderes de anotación

[editar | editar a fonte]

A xogadora do Ilves Marianne Ihalainen foi a máxima puntuadora da liga regular, rexistrando 33 puntos en 12 partidos. Ihalainen foi a máxima goleadora con 21 goles, así como a líder en asistencias con 12. Katri Javanainen, do Ässät, pola súa banda foi a xogadora máis penalizada cun total de 34 minutos de penalización.[1][2]

Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Marianne Ihalainen Ilves 12 21 12 33 0
2 Anne Haanpää Ilves 12 13 11 24 18
3 Kirsi Rasa SaiPa 12 10 11 21 10
4 Liisa Karikoski EVU 12 11 8 19 2
5 Tiina Pihala Ilves 12 9 10 19 12

Play-offs

[editar | editar a fonte]
  Semifinais Final
             
  1 - EVU 2  
  4 - SaiPa 1  
 
      1 - EVU 0
    2 - Ilves 2
 
 
Terceiro e cuarto posto
  2 - Ilves 2   3 - Shakers   0
  3 - Shakers 0     4 - SaiPa   1

Semifinais

[editar | editar a fonte]

EVU (1) vs SaiPa (4)

[editar | editar a fonte]
EVU – SaiPa
EVUSaiPa2–3 (OT)
SaiPaEVU0–1
EVUSaiPa7–3
O EVU gaña a serie 2-1.

Ilves (2) vs Shakers (3)

[editar | editar a fonte]
Ilves – Shakers
IlvesShakers3–0
ShakersIlves0–7
O Ilves gaña a serie 2-0.

Partido polo bronce

[editar | editar a fonte]
Shakers 1 - 2
SaiPa
EVU – Ilves
EVUIlves0–5
IlvesEVU4–1
O Ilves gaña as finais 2-0.

Estatísticas das series

[editar | editar a fonte]
Xogadoras
Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Kirsi Rasa SaiPa 4 5 2 7 0
2 Katja Pirinen SaiPa 4 2 5 7 0
3 Marika Lehtimäki Ilves 4 1 5 6  0

Equipo campión

[editar | editar a fonte]

O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1990 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]

Campión feminino de Finlandia


Ilves

Porteiras: Liisa-Maria Sneck, Katri Ahvenjärvi

Patinadoras: Marianne Ihalainen, Anne Haanpää, Tiina Pihala, Tiia Reima, Anne Nurmi, Sari Saha, Jenni Leinonen, Päivi Halonen, Jaana Peltonen, Jaana Rautavuoma, Jaana Rautavuoma, Kirsi Hirvonen, Marika Lehtimäki, Leena Majaranta, Maarit Rastas, Miia Lehtimäki, Eija Sorvari

Series pola permanencia

[editar | editar a fonte]

O último clasificado da liga regular, as Tiikerit, tiveron que xogarse a permanencia na máxima categoría fronte o segundo clasificado da I-divisioona (segunda categoría), o TPS.[2]

Logo das series pola permanencia, as xogadoras do TPS de Turku conseguiron o ascenso de categoría, mais a renuncia a competir na máxima categoría por parte do Etelä-Vantaan Urheilijat e o Ilves-Kiekko fixo que ascendera á máxima categoría o KalPa de Kuopio.[2]

TPS – Tiikerit
TiikeritTPS2–4
TPSTiikerit3–1
O TPS gaña a serie 2-0.
  1. 1 2 3 "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 17 de setembro de 2023.
  3. "1990 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2023. Consultado o 28 de abril de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]