Naisten SM-sarja 1986-1987
Naisten SM-sarja 1986-1987
| |
|---|---|
| Liga | Naisten SM-sarja |
| Deporte | Hóckey sobre xeo |
Liga regular
| |
| Anotador | |
| Campión | |
| Subcampión | |
| Semifinais | |
Naisten SM-sarja
| |
| ← 1985–86 | 1987–88 → |
A tempada 1986-1987 da Naisten SM-sarja foi a quinta tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.
Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o seu terceiro título consecutivo.
Estrutura da tempada
[editar | editar a fonte]Por segundo ano consecutivo, a competición xogouse nun único grupo e só se disputou unha liga regular, co cal o equipo que finalizou primeiro na liga regular proclamouse campión finlandés.[1]
O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]| Nome | Cidade |
|---|---|
| EVU | |
| Ilves | |
| Ilves-Kiekko | |
| HIFK | |
| Shakers | |
| SaiPa | |
| Sport | |
| Ässät |
Liga regular
[editar | editar a fonte]Ao final da liga regular o Ilves de Tampere proclamouse campión logo de gañar 13 dos 14 partidos que disputou e sumar 26 puntos. O equipo de Tampere só perdeu na súa visita ao EVU de Vantaa, que se levou a prata (21 puntos), mentres que o bronce foi para as recentemente ascendidas Shakers de Kerava (19 puntos). O Ilves foi ademais o equipo máis goleador (114 goles a favor) e menos goleado (25 goles en contra). Por contra o SaiPa de Lappeenranta foi o equipo que menos goles anotou (24), e o Ilves-Kiekko de Tampere foi o equipo máis goleado (124). O Ilves conseguiu as maiores goleadas da tempada, rexistrando cinco partidos con 10 ou máis goles anotados e dous con máis de 10 goles de diferenza.[2]
Ao final da tempada o Ilves-Kiekko descendeu logo de finalizar na derradeira posición, pasando as Tiikerit de Hämeenlinna a ocupar a súa praza na tempada seguinte.[2]
- Clasificación
| Pos. | Equipo | PX | V | E | D | GF | GC | DG | Pts |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Ilves | 14 | 13 | 0 | 1 | 114 | 25 | +89 | 26 |
| 2 | EVU | 14 | 11 | 1 | 2 | 52 | 28 | +24 | 23 |
| 3 | Shakers | 14 | 7 | 2 | 5 | 54 | 49 | +5 | 16 |
| 4 | Sport | 14 | 7 | 0 | 7 | 56 | 55 | +1 | 14 |
| 5 | Ässät | 14 | 5 | 2 | 7 | 46 | 44 | +2 | 12 |
| 6 | HIFK | 14 | 6 | 0 | 8 | 33 | 39 | -6 | 12 |
| 7 | SaiPa | 14 | 1 | 3 | 12 | 24 | 52 | -28 | 5 |
| 8 | Ilves-Kiekko | 14 | 2 | 0 | 12 | 36 | 124 | -88 | 4 |
- Resultados
| Ilves | EVU | Shakers | Sport | Ässät | HIFK | SaiPa | Ilves-K | |
| Ilves | 1-2 | 5-4 | 11-2 | 6-1 | 7-0 | 10-1 | 17-3 | |
| EVU | 1-5 | 2-0 | 4-2 | 3-1 | 4-2 | 4-0 | 8-0 | |
| Shakers | 3-9 | 3-6 | 7-6 | 3-8 | 3-2 | 3-0 | 10-2 | |
| Sport | 3-6 | 2-6 | 2-4 | 4-1 | 5-1 | 6-3 | 9-2 | |
| Ässät | 2-7 | 3-4 | 1-1 | 4-6 | 4-0 | 2-2 | 10-2 | |
| HIFK | 0-5 | 2-3 | 1-2 | 2-0 | 3-1 | 3-0 | 9-4 | |
| SaiPa | 3-10 | 1-1 | 2-2 | 0-1 | 0-3 | 0-1 | 10-3 | |
| Ilves-K | 0-15 | 6-5 | 3-9 | 4-8 | 2-5 | 1-7 | 4-2 |
Anotadoras
[editar | editar a fonte]Ao finalizar a liga regular, a xogadora do Sport de Vaasa Sari Krooks foi a máxima puntuadora con 45 puntos (35 goles e 10 asistencias). Krooks foi ademais a máxima goleadora, mentres que Marianne Ihalainen (Ilves) foi a máxima asistente con 14 asistencias.[2]
| Xogadora | Equipo | PX | G | A | Pts | PIM |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Sari Krooks | Sport | 12 | 35 | 10 | 45 | 30 |
| Marianne Ihalainen | Ilves | 14 | 25 | 14 | 39 | 4 |
| Anne Haanpää | Ässät | 14 | 19 | 12 | 31 | 8 |
| Jaana Peltonen | Ilves | 14 | 16 | 10 | 26 | 2 |
| Päivi Virta | Ilves | 13 | 12 | 13 | 25 | 30 |
| Tiia Reima | Ilves-Kiekko | 14 | 23 | 1 | 24 | 10 |
| Anne Nurmi | Ilves | 12 | 15 | 8 | 23 | 14 |
| Jaana Rautavuoma | Ilves | 14 | 14 | 9 | 23 | 20 |
| Minna Nisula | Ilves | 14 | 11 | 11 | 22 | 2 |
| Satu Huotari | Shakers | 13 | 10 | 9 | 19 | 2 |
Equipo campión
[editar | editar a fonte]O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1987 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]
| Campión feminino de Finlandia Ilves |
Porteiras: Kati Ahonen, Katri Siljamäki Patinadoras: Marianne Ihalainen, Jaana Peltonen, Päivi Virta, Anne Nurmi, Jaana Rautavuoma, Minna Nisula, Maarit Virtanen, Leena Majaranta, Leena Pajunen, Minna Katajisto, Tuija Ripatti, Heli Rekimies, Liisa Mäenpää |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 28 de abril de 2023.
- ↑ "1987 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de abril de 2023.