Oulun jäähalli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Oulun Energia Areena»)

Coordenadas: 65°00′31″N 25°29′34″L / 65.008611111111, 25.492777777778

Oulun jäähalli
Oulun Energia -areena
Exterior.
Datos
LocalizaciónOulu, Finlandia Finlandia
Outros nomesRaksilan jäähalli
Construción
Inauguración1974
Estadio
Capacidade6.768 espectadores
LocalíaKärpät (1974-)
Kiekko-Laser (2005-2011)
RB-Oulu (2000-)

O Oulun jäähalli, tamén coñecido como Oulun Energia -areena é un pavillón deportivo da cidade de Oulu (Finlandia) adicado principalmente á práctica do hóckey sobre xeo, sendo a casa do Oulun Kärpät, o principal equipo da cidade e que compite na SM-liiga, a máxima categoría deste deporte no país. O pavillón está localizado no distrito de Raksila, ao que debe o seu anterior nome, Raksilan jäähalli. Foi inaugurado en 1974 e no 2004 foi remodelado. No 2006 o pavillón mudou o seu nome polo de Oulun Energia -areena polo seu patrocinador, Oulun Energia.

Ademais da actividade deportiva, no pavillón celebráronse diversos concertos, como os das bandas de rock Kiss, Judas Priest e White Snake. Do mesmo xeito, filme coa participación da banda finlandesa Lordi Dark Floors recibiu unha estrea excepcional no pavillón en 2007, á que asistiron os membros da banda.