Caledonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Caledonia (do galo e britónico caled, que deu en kalet, "duro", en bretón) é o antigo nome latino de Escocia, que designaba a parte de Britania ao norte do muro de Hadrián, e despois do de Antonino.

Historia[editar | editar a fonte]

Nunca foi conquistada polos romanos, nin sequera a expedición militar de Cneo Xulio Agrícola conseguiu someter a zona ao Imperio Romano. Segundo Tácito, unha frota romana circunnavegouna, verificando así o carácter insular de Britania.[1] Na actualidade designa unha comarca setentrional do Reino Unido, en Escocia, ao norte do istmo comprendido entre os esteiros do río Clyde e do Forth.

Os pictos ou caledonios habitaron o lugar até o século VII d. C, cando foron conquistados polos escotos, de onde provén Scotia, o nome de Escocia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tácito. Vida de Agrícola